mércores, 20 de maio de 2026

 OBRADOIRO DE DRAMATIZACIÓN 

CON ARTUR TRILLO DE TALÍA TEATRO

 Recibimos na Bibliosilva a Artur Trillo, actor, director e autor teatral, fundador da compañía Talía Teatro. 

Artur compartíu co alumnado de 4º e 5º de primaria un obradoiro de dramatización oral. A actividade resultou todo un éxito. 

A rapazada vai collendo táboas para presentar futuros podcast de radio.





venres, 15 de maio de 2026

 visita ao centro de día e fogar residencial de cerceda.

Todo empezou o pasado mes de febreiro con unhas cartas de amor e amizade que pensamos, escribimos, debuxamos e decoramos nas respectivas aulas e mandamos ao Fogar Residencial de Cerceda. 

Quedaron tan contentos e agradecidos coas nosas cartas que nos convidaron a visitalos. 

E aló fomos tres nenas e nenos por aula (vinte e sete en total) e tres mestras a un encontro  interxeracional cos usuarios do Fogar. 

Pasamos alí un tempo agradable e enriquecedor compartindo conversa, experiencias e xogos, fortalecendo  os vínculos afectivos e a empatía.

Agasalláronnos con diplomas para compartir co resto dos compañeiros e compañeiras que quedaron no cole, dando así testemuña da actividade levada a cabo.
































luns, 11 de maio de 2026

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Nova sesión de "as familias contan moito". Nesta ocasión con Karina, a mamá dos nosos compañeiros Vera e Luca de educación infantil.

                 




martes, 5 de maio de 2026