mércores, 20 de maio de 2026

 OBRADOIRO DE DRAMATIZACIÓN 

CON ARTUR TRILLO DE TALÍA TEATRO

 Recibimos na Bibliosilva a Artur Trillo, actor, director e autor teatral, fundador da compañía Talía Teatro. 

Artur compartíu co alumnado de 4º e 5º de primaria un obradoiro de dramatización oral. A actividade resultou todo un éxito. 

A rapazada vai collendo táboas para presentar futuros podcast de radio.





venres, 15 de maio de 2026

 visita ao centro de día e fogar residencial de cerceda.

Todo empezou o pasado mes de febreiro con unhas cartas de amor e amizade que pensamos, escribimos, debuxamos e decoramos nas respectivas aulas e mandamos ao Fogar Residencial de Cerceda. 

Quedaron tan contentos e agradecidos coas nosas cartas que nos convidaron a visitalos. 

E aló fomos tres nenas e nenos por aula (vinte e sete en total) e tres mestras a un encontro  interxeracional cos usuarios do Fogar. 

Pasamos alí un tempo agradable e enriquecedor compartindo conversa, experiencias e xogos, fortalecendo  os vínculos afectivos e a empatía.

Agasalláronnos con diplomas para compartir co resto dos compañeiros e compañeiras que quedaron no cole, dando así testemuña da actividade levada a cabo.
































luns, 11 de maio de 2026

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Nova sesión de "as familias contan moito". Nesta ocasión con Karina, a mamá dos nosos compañeiros Vera e Luca de educación infantil.

                 




martes, 5 de maio de 2026

xoves, 23 de abril de 2026

 

semana do libro na bibliosilva

23 de abril

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Acompañamentos lectores para celebrar por todo o alto o día mundial do libro.               

                  

CARTELEIRA DÍA DO LIBRO

A rapazada de 1º de primaria presentou a carteleira conmemorativa do día libro.


O alumnado de infantil e primaria recomenda:








BIBLIOTECA HUMANA CON MONCHO VILAR 
                    

CADERNO VIAXEIRO
MIGUEL
3º PRIMARIA
                  

luns, 20 de abril de 2026

UN ABRIL DE LIBROS

O venres 17 recibimos a Cris, a mamá de Valentina, noutra nova sesión de "as familias contan moito"

                 

xoves, 16 de abril de 2026

 MOCHILA VIAXEIRA

4º PRIMARIA

AIMAR, ASIER, TELMO, JULIA

             


LIBROS E CINE

A rapazada de 4º de primaria segue disfrutando cos libros e coas películas baseadas neses libros. Neste caso con "Charlie e a fábrica de chocolate".
A hora de ler da para moito...




domingo, 12 de abril de 2026

 EN ABRIL, LIBROS MIL

Empezamos por todo o grande o mes de abril con unha nova sesión de "as familias contan moito".

                     

martes, 24 de marzo de 2026

 POESÍA COMPARTIDA

e borboriñada

durante o mes de marzo

polo alumnado de 6º de primaria

para o resto dos compañeiros.

                              


MOCHILA VIAXEIRA
6º INFANTIL
JAZIEL, LÍA, VALENTINA, AINARA

                   



MOCHILA VIAXEIRA
3º PRIMARIA
DANI
               

luns, 16 de marzo de 2026

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

As familias seguen contando moito. En marzo recibimos a visita de Leticia, a mamá de Raquel de 4º de infantil. Todos disfrutamos cos contos fantásticos que trouxo.

                     


MOCHILA VIAXEIRA
DARÍO
3º PRIMARIA