martes, 24 de abril de 2012

APRENDER COA LECTURA





FONTES: Vídeos Youtube
Esta semana estámola adicando á celebración do Día do libro. Onte recibimos un agasallo de parte do Concello de Cerceda. Gustáronnos moitísimo os libros que nos regalaron!

Para continuar coa festa, hoxe expuxemos os contos da Carapuchiña e Mortadelo na praia, e entregamos un agasallo ós gañadores. Pero como todos o fixeron moi ben, non só houbo premio para os elexidos xa que todos recibiron unha lambetada. Gracias  polo voso esforzo!

luns, 23 de abril de 2012

domingo, 15 de abril de 2012

Unha das tarefas que plantexamos ós nosos alumnos para a celebración do día do libro, é a invención dun conto. Neste caso, os personaxes e mais o espacio xa llo demos nós: Carapuchiña e Mortadelo nunha praia. Eles terán que facer o resto.
Deixámoslles unha axuda para escribir este e outros contos





Tamén deixamos unha actividade moi divertida que lles axudará  a escribir contos fabulosos

 "TALLER DE LECTURA"

FONTES: Imaxes  Google; www.educa.jcyl.es

martes, 3 de abril de 2012


O  23 de abril celebraremos  o “Día do Libro”. Estamos preparando varios traballos que vos iremos amosando segundo se vaia achegando o día.
Pero…Por que se elexiu  o 23 de abril?

A orixe do Día do Libro procede da coincidencia do falecemento de escritores como Cervantes e Shakespeare. Tamén o 23 de abril naceron (ou morreron) outros escritores eminentes como Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta fecha foi escollida pola UNESCO para rendir unha homenaxe ó libro e ós seus autores, animando así á xente, especialmente ós máis novos, a descubrir o pracer pola lectura.

Nos tamén vos animamos a que pasedes pola biblioteca do cole e atopedes nos seus libros historias interesantes, coas que seguramente ides disfrutar moito.

Fontes: Wikipedia/ Imaxes Google

xoves, 29 de marzo de 2012

XOGANDO COAS PALABRAS

Na clase de 4º, estamos comezando a dar os nosos primeiros pasos na poesía.

Fixemos unha "visita ó mercado" e, co que compramos, elaboramos o noso primeiro poemiña.




Autores: Alumnos de 4º
Fontes: Imaxes de Google

luns, 19 de marzo de 2012


A NOSA BIBLIOTECA

A principios deste curso reinauguramos a nosa biblioteca. Fixemos debuxos con personaxes de contos que colgamos no teito e nas paredes, pintámola dunha cor moi alegre, puxemos normas novas redactadas en forma de poema e realizamos un contacontos, no que participaron un alumno de 6º, o noso profesor de Educación Física e o profesor de música, que tocaba a gaita.

Paralelamente a esta inauguración, adornamos as portas das aulas con personaxes de contos.

Agora disfrutamos moito da biblioteca, na que podemos ler libros alucinantes e ver películas chulísimas.






Autores: Soraya, Tatiana, Martín, Marco, Thaïs e Brais- Alumnos de 4º

domingo, 18 de marzo de 2012

PARA SER PROFESORA HOXE


                                     Ingredientes

                                                                           - 2 Kg de paciencia
                                                                           - 1000 toneladas de xogo
                - 4000 kg de intelixencia
                - 3 kg de diversión
                - Un chisco de azucre moreno
                -Un chisco de coñecementos de cociña
                - 1 tonelada de aventura
               - Papel de aluminio




Para o adorno

 12 Kg de patacas humorosas
 6 alumnos listos
Salsa tranquilizante
1000 toneladas de cariño


  
Preparación
Envolvemos á profe en papel de aluminio e poñémola a ferver nunha pota con todos os ingredientes. Despois dunha hora teremos: unha profesora intelixente que nos ensinará moitas cousas. Terá moita paciencia, será moi divertida, faranos tartas polos nosos aniversarios e levaranos a moitas excursións.
Se queda moi picante e se enfada un pouco, botámoslle azucre para adozala.
Adornámola coas patacas de humor e 6 alumnos listos remollados en salsa tranquilizante. Bañamos todo con toneladas de cariño.


Variantes



FONTES UTILIZADAS:

   - Autores da receita: Brais, Thaïs, Tatiana, Soraya, Marco e Martín- Alumnos de 4º
   - Blogs: Educar es desarrollo- Periódico Edkt