Carla Ramilo- 2º Curso de Educación Primaria
xoves, 24 de outubro de 2013
mércores, 23 de outubro de 2013
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Se queredes, e seguindo o lema do cartel, podedes ler algún libro de Ciencia. Podémosvos recomendar (entre outros) algún como:
-Luz y sonido.
- Mi primer Larousse de Ciencias.
- Materiales.
- Inventos: Inventores e inventos xeniais.
- Hombre y máquinas.
- ¿Sabes cómo funciona?
- Experimentos fáciles y divertidos.
- Había una vez una gota de lluvia.
- Experimentos fáciles y divertidos.
- Había una vez una gota de lluvia.
venres, 18 de outubro de 2013
UNHA MAÑÁ CON XOSÉ NEIRA VILAS
Gustoume moito coñecer a un escritor coma Xosé Neira Vilas, porque loitou moito. Quería ser músico pero acabou de escritor. Fixo 50 libros. Escribiu "Memorias dun neno labrego" en 3 meses e medio. É un home chistosillo. Gustáronme moito os libros del porque os expresou coma na súa vida real. Iván Pereira
Xosé Neira Vilas é moi simpático e moi falador. Gustoume que algunhas historias dos libros eran verdade. Gustoume moito. Iván González
A idea de traer a Xosé Neira Vilas ao auditorio de Cerceda pareceume ben. É o único escritor que coñezo en persoa. Gustáronme as actuacións que fixeron os outros rapaces do colexio de Cerceda o do colexio da Silva. Paseino moi ben. Ana

Onte paseino fenomenal con Xosé Neira Vilas porque foi moi divertido con nós. Gustoume moito o que nos contou de cando viaxou por países. Contounos un chiste e rímonos moito. Laura
A miña mañá con Xosé Neira Vilas gustoume moito porque para o maior que é ten moita memoria. Gustoume moita a actuación dos de 4º de secundaria aínda que non se acordaron de todo o texto. Tamén me gustou a entrega de premios a Xosé Neira Vilas, e cando nos firmou autógrafos. Elisa
Gustoume cómo se acordaba das cousas e tamén como explicou todas as preguntas que lle preguntaron. Miguel

Gustoume moito ir visitar a Xosé Neira Vilas porque puidemos falar con el e contounos cómo vivían os nenos de antes. Fixémoslle preguntas e el respondeunas. Tamén nos contou algo sobre os seus libros e a onde viaxara. Samuel
Neira Vilas respondeunos a todos os nenos as preguntas. Aplaudiu todos os nosos traballos. Cando acabou a nosa obra " O espantallo amigo" démoslle unha figura do espantallo. Tamén fixemos a canción "O Vento", e por último firmounos os libros. Iker
Autores: Alumnos de 5º de Primaria

martes, 15 de outubro de 2013
Este xoves, os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria están invitados polo Concello de Cerceda a coñecer ó gran escritor galego Xosé Neira Vilas.
De regreso seguro que nos contan moitas cousas interesantes sobre a súa vida e obra. Mentres tanto, deixámosvos unha pequena información sobre este escritor.
martes, 17 de setembro de 2013
martes, 10 de setembro de 2013
xoves, 20 de xuño de 2013
mércores, 12 de xuño de 2013
Estamos rematando o curso e temos que ir rematando tamén coas nosas actividades. Ó longo do ano, tal e como fomos publicando no blog, fixemos un concurso no que os rapaces tiñan que adiviñar determinadas cuestións relacionadas cos países polos que foi viaxando Buluchi.
Buluchi segue a súa viaxe, e estará de novo con nós en setembro, pero envialle a súa felicitación( e nuns días o seu premio) ó equipo gañador do concurso:
OS COCHOS BRAVOS, formado por IVÁN PEREIRA, SAMUEL E MIGUEL
NORABOA RAPACES!!!
xoves, 16 de maio de 2013
CONCURSO-LETRAS GALEGAS
Este curso, ó igual que outros anos, participamos nun concurso que o Concello convoca entre os colexios de Cerceda con motivo da celebración do día das Letras Galegas. Consistiu na elaboración dun cartel (para Infantil e 1º Ciclo de Primaria) ou dun conto ( 2º e 3º Ciclos de Primaria). Un ano máis varios alumnos do noso colexios foron premiados.
Hoxe, coincidindo co festival das Letras Galegas, a Concelleira Begoña entregou os premios ós agraciados. Dámoslle as gracias ó Concello de Cerceda e a NORABOA ÓS NOSOS RAPACES.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)