xoves, 21 de novembro de 2013
DECORACIÓN DAS PORTAS E DA BIBLIOTECA
Xa temos a decoración das nosas portas e da biblioteca rematada. Cada clase referiuse á profesión ou profesión que lles tocou:
Infantil: Cociñeiros
1º Curso: Chapuzas e manitas
2º Curso: Sanidade
3º Curso: Artistas
4º Curso: Gandería e agricultura
5º Curso: Artesáns
6º Curso: Comercio
Infantil: Cociñeiros
1º Curso: Chapuzas e manitas
2º Curso: Sanidade
3º Curso: Artistas
4º Curso: Gandería e agricultura
5º Curso: Artesáns
6º Curso: Comercio
mércores, 20 de novembro de 2013
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO
Hoxe conmemórase o Día Universal dos Dereitos do neno. A Asamblea das Nacións Unidas recomendou que se establecera una data común para tódolos países, aínda que despois cada goberno puidera fixar unha data para a súa celebración, por iso cada país o celebra nunha data e nun xeito distinto. Así, España fixou esta data no 15 de abril. Como data común fixouse o día de hoxe: 20 de novembro.
Destínase este día para promover actividades destinadas ó benestar e ós dereitos do neno no mundo.
Tedes aquí un vídeo onde podedes ver os dereitos do neno.
mércores, 23 de outubro de 2013
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Se queredes, e seguindo o lema do cartel, podedes ler algún libro de Ciencia. Podémosvos recomendar (entre outros) algún como:
-Luz y sonido.
- Mi primer Larousse de Ciencias.
- Materiales.
- Inventos: Inventores e inventos xeniais.
- Hombre y máquinas.
- ¿Sabes cómo funciona?
- Experimentos fáciles y divertidos.
- Había una vez una gota de lluvia.
- Experimentos fáciles y divertidos.
- Había una vez una gota de lluvia.
venres, 18 de outubro de 2013
UNHA MAÑÁ CON XOSÉ NEIRA VILAS
Gustoume moito coñecer a un escritor coma Xosé Neira Vilas, porque loitou moito. Quería ser músico pero acabou de escritor. Fixo 50 libros. Escribiu "Memorias dun neno labrego" en 3 meses e medio. É un home chistosillo. Gustáronme moito os libros del porque os expresou coma na súa vida real. Iván Pereira
Xosé Neira Vilas é moi simpático e moi falador. Gustoume que algunhas historias dos libros eran verdade. Gustoume moito. Iván González
A idea de traer a Xosé Neira Vilas ao auditorio de Cerceda pareceume ben. É o único escritor que coñezo en persoa. Gustáronme as actuacións que fixeron os outros rapaces do colexio de Cerceda o do colexio da Silva. Paseino moi ben. Ana

Onte paseino fenomenal con Xosé Neira Vilas porque foi moi divertido con nós. Gustoume moito o que nos contou de cando viaxou por países. Contounos un chiste e rímonos moito. Laura
A miña mañá con Xosé Neira Vilas gustoume moito porque para o maior que é ten moita memoria. Gustoume moita a actuación dos de 4º de secundaria aínda que non se acordaron de todo o texto. Tamén me gustou a entrega de premios a Xosé Neira Vilas, e cando nos firmou autógrafos. Elisa
Gustoume cómo se acordaba das cousas e tamén como explicou todas as preguntas que lle preguntaron. Miguel

Gustoume moito ir visitar a Xosé Neira Vilas porque puidemos falar con el e contounos cómo vivían os nenos de antes. Fixémoslle preguntas e el respondeunas. Tamén nos contou algo sobre os seus libros e a onde viaxara. Samuel
Neira Vilas respondeunos a todos os nenos as preguntas. Aplaudiu todos os nosos traballos. Cando acabou a nosa obra " O espantallo amigo" démoslle unha figura do espantallo. Tamén fixemos a canción "O Vento", e por último firmounos os libros. Iker
Autores: Alumnos de 5º de Primaria

martes, 15 de outubro de 2013
Este xoves, os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria están invitados polo Concello de Cerceda a coñecer ó gran escritor galego Xosé Neira Vilas.
De regreso seguro que nos contan moitas cousas interesantes sobre a súa vida e obra. Mentres tanto, deixámosvos unha pequena información sobre este escritor.
martes, 17 de setembro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)