Vémonos o ano que ben!
mércores, 17 de decembro de 2014
FELICES FESTAS!
mércores, 19 de novembro de 2014
DEREITOS DO NENO
Mañá, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno. Que mellor lugar que o colexio para recordar o vulnerables que son e que necesitan ser protexidos, educados, coidados, queridos, alimentados... sexan do lugar que sexan. Dende a escola tamén lle temos que lembrar a eles que eses dereitos levan implicadas unha serie de obrigas para que, cando eles sexan maiores, os demais nenos poidan seguir gozando deses dereitos que eles tiveron.
Deixámosvos unha canción, un conto e un pequeno resumo dos mesmos.
Deixámosvos unha canción, un conto e un pequeno resumo dos mesmos.
martes, 4 de novembro de 2014
FESTA DO OUTONO
Este venres celebraremos a Festa do Outono, na que se festexarán de forma conxunta o Magosto e o Halloween. Dende a Biblioteca queremos facer unha contribución a esta celebración, polo que ó longo desta semana os rapaces poderán disfrutar nos recreos da proxección de cortos. Esta é a nosa programación para esta semana.
DECORACIÓN DAS PORTAS
Viaxamos no tempo!! E cada vez que entramos nunha aula lembrámonos dunha época da nosa Historia gracias ás fantásticas decoracións que os nosos alumnos/as fixeron das portas.
domingo, 26 de outubro de 2014
LOS NÚMEROS
Para a nosa celebración do día da Biblioteca Escolar, tivemos a axuda de Pepe, Paula e Luke , que nos contaron un conto relacionado co lema deste ano: as matemáticas. Aquí volo deixo.
xoves, 23 de outubro de 2014
24 DE OUTUBRO- DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
luns, 22 de setembro de 2014
VIAXE POLA HISTORIA
Xa estamos de novo en marcha!
Este ano Buluchi vai facer unha viaxe no tempo, vivindo en distintas épocas da Histora. Nós axudarémoslle para que saiba un pouco de cada unha delas ( ou polo menos de algunha) . Na seguinte imaxe temos unha liña do tempo que nos axudará.
Así, os nenos e nenas de Educación Infantil axudaranlle coa Prehistoria; os de 2º, 3º, 4º e 5º coa Idade Antiga ( 2º: Exipcios,5º: Gregos e 3º e 4º: Romanos); os de 1º coa Idade Media; os de 6º coa Idade Moderna; e a aula de PT coa Idade Contemporánea.
Aquí vos quedan uns videos para que vos vaiades introducindo. Esperamos que sexa unha viaxe apaixoante.
La máquina del tiempo Un viaje por la Historia
Fontes: Imaxes Google- Junta de Castilla y León- CEIP Brianda de Luna

xoves, 4 de setembro de 2014
CURSO 2014-2015
Xa estamos aquí un curso máis! Estamos desexando vervos de novo pola biblioteca e agardamos que disfrutedes das actividades que vos esperan.
Feliz curso e Felices lecturas!
sábado, 21 de xuño de 2014
mércores, 28 de maio de 2014
OS TRES PORQUIÑOS
Déixovos a versión bilingüe do conto "The three little pigs/ Os tres porquiños", representada polos alumnos de 4º e preparada coa gran axuda da profe de inglés Nieves.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)