xoves, 29 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

Como ben sabedes, mañá 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz. Para ir introducindo ós nenos nesta celebración, dende a biblioteca, fixemos na entrada do colexio unha exposición de libros con diferente temática referida a este día ( amizade, solidariedade, aceptación, igualdade...). A mesma tivo moita aceptación por parte dos rapaces, e os mestres poidemos comprobar moi contentos como, nos recreos, ían collendo os libros e disfrutaban da lectura.







mércores, 17 de decembro de 2014

FELICES FESTAS!

Xa nos estamos achegando ás vacacións de Nadal. Dende a Biblioteca queremos desexarvos unhas Felices Festas e un bo descanso de Nadal, aproveitando, como non, para ler un bo libro.
Vémonos o ano que ben!


mércores, 19 de novembro de 2014

DEREITOS DO NENO

Mañá, 20 de novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno. Que mellor lugar que o colexio para recordar o vulnerables que son  e que necesitan ser protexidos, educados, coidados, queridos, alimentados... sexan do lugar que sexan. Dende a escola tamén lle temos que lembrar a eles que eses dereitos levan implicadas unha serie de obrigas para que, cando eles sexan maiores, os demais nenos poidan seguir gozando deses dereitos que eles tiveron.
Deixámosvos unha canción, un conto e un pequeno resumo dos mesmos.









martes, 4 de novembro de 2014

FESTA DO OUTONO

Este venres celebraremos a Festa do Outono, na que se festexarán de forma conxunta o Magosto e o Halloween. Dende a Biblioteca queremos facer unha contribución a esta celebración, polo que ó longo desta semana os rapaces poderán disfrutar nos recreos da proxección de cortos. Esta é a nosa programación para esta semana.


DECORACIÓN DAS PORTAS

Viaxamos no tempo!! E cada vez que entramos nunha aula lembrámonos dunha época da nosa Historia gracias ás fantásticas decoracións que os nosos alumnos/as fixeron das portas.


domingo, 26 de outubro de 2014

LOS NÚMEROS

Para a nosa celebración do día da Biblioteca Escolar, tivemos a axuda de Pepe, Paula e Luke , que nos contaron un conto relacionado co lema deste ano: as matemáticas. Aquí volo deixo.

xoves, 23 de outubro de 2014

24 DE OUTUBRO- DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. Mañá teremos a nosa celebración.

luns, 22 de setembro de 2014

VIAXE POLA HISTORIA

Xa estamos de novo en marcha!
Este ano Buluchi vai facer unha viaxe no tempo, vivindo en distintas épocas da Histora. Nós axudarémoslle para que saiba un pouco de cada unha delas ( ou polo menos de algunha) . Na seguinte imaxe temos unha liña do tempo que nos axudará.


Así, os nenos e nenas de Educación Infantil axudaranlle coa Prehistoria; os de 2º, 3º, 4º e 5º  coa Idade Antiga ( 2º: Exipcios,5º: Gregos e 3º e 4º: Romanos); os de 1º coa Idade Media; os de 6º coa Idade Moderna; e a aula de PT coa Idade Contemporánea.

Aquí vos quedan uns videos para que vos vaiades introducindo. Esperamos que sexa unha viaxe apaixoante.



                       La máquina del tiempo                       Un viaje por la Historia


Fontes: Imaxes Google- Junta de Castilla y León- CEIP Brianda de Luna

xoves, 4 de setembro de 2014

CURSO 2014-2015



Xa estamos aquí un curso máis! Estamos desexando vervos de novo pola biblioteca e agardamos que disfrutedes das actividades que vos esperan. 



Feliz curso e Felices lecturas!

sábado, 21 de xuño de 2014


Despois do traballo ben feito, son merecidas unhas boas vacacións. Así que, rapaces, descansade e disfrutade moitos das vosas vacacións! E lembrade deixar uns minutiños ó día para disfrutar dunha boa lectura.
Ata setembro!