xoves, 24 de setembro de 2015

PROXECTO 2015/2016

Seguro que todos coñecedes contos como " Carapuchiña Vermella", " "Brancaneves e os sete ananiños", "Pulgariño", "Os sete cabritiños", "A Cincenta"... O que ó mellor non sabedes é que foron escritos por dous irmáns moi coñecidos: Os irmáns Grimm.


Este ano o noso proxecto xira arredor do traballo destes escritores. Lembraremos eses contos tan coñecidos por todos, e escoitaremos outros novos que  son igualmente fermosos.

Permanece atentos ó noso Blog e descubriredes moitas cousas dos irmáns Grimm e das súas historias.

martes, 8 de setembro de 2015

venres, 19 de xuño de 2015

REMATA O CURSO

Case sen darnos conta chegamos ó fin do curso. Disfrutade moito do verán e repoñede forzas para o curso que ven. Esperámosvos na Biblioteca con novos proxectos!
Non olvidedes que CALQUER LUGAR É BO PARA DISFRUTAR DUNHA BOA LETURA!

FELICES VACACIÓNS!

luns, 18 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

  Preme na imaxe e coñecerás ó escritor homenaxeado este ano

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO












Hai uns días  comezamos a nosa celebración coa asistencia a un taller de "Jumping", unha masa moldeable coa que se poden facer manualidades preciosas. Nós, como estabamos celebrando xa o Día do Libro, fixemos un marcapáxinas que nos quedou chulísimo.


Hoxe foi o gran día . E que mellor día para presentar o libro viaxeiro, que elaboramos entre tódalas aulas seguindo o tema do noso proxecto " Unha viaxe pola Histora". Buluchi comezou a súa andadura na Prehistoria ata chegar ó noso tempo. Os alumnos de 6º fixeron os honores de dar letura ó libro.












A continuación, acabamos de completar "A árbore dos libros", un mural que colococamos na entrada e no que colaboramos todos. Os pequeniños de Infantil fixeron unhas flores preciosas para decorar o campo, e os de Primaria debuxaron portadas de libros para colocar nas ramas da árbore. Ademáis, dunha das pólas colgamos un poema de Rafael Alberti, que leron Alejandro e Inés.











E para rematar, recibimos un regalo que nos entregou María Viqueira de parte do Concello de Cerceda: un fantástico libro!!! Quedamos moi agradecidos polo presente e tamén pola súa visita neste día.












domingo, 15 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA

Ó longo desta semana estivemos conmemorando a Semana de Prensa. Seguindo co noso proxecto de Biblioteca, confeccionamos un xornal con noticias das distintas épocas da Historia. Este foi o resultado.

martes, 10 de febreiro de 2015

SAN VALENTÍN

O sábado próximo é o día de San Valentín, no que non só se celebra o famoso "Día dos namorados", xa que tamén é o día do amor en xeral (familia, amigos...) e da amizade. Aproveitamos unha vez máis para "trasladar" parte da nosa biblioteca á entrada do cole, para que os pequenos poidan disfrutar nos recreos da letura de contos, esta vez como non, con temática de amor e amizade.


Se queres coñecer algo máis sobre a historia do Día de San Valentín, preme sobre o corazón. Tamén poderás coñecer cómo se celebra noutros países.

E, como afirma o blog da profe Teresa, recordade: QUEN TEN UN AMIGO, TEN UN TESOURO. Así que non vos olvidedes de querelo moito!

domingo, 8 de febreiro de 2015

LECTURAS APADRIÑADAS

Este venres retomamos as lecturas apadriñadas. Os máis pequenos axudados dos maiores, puideron disfrutar unha vez máis dunha boa lectura.








xoves, 29 de xaneiro de 2015

DÍA DA PAZ

Como ben sabedes, mañá 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz. Para ir introducindo ós nenos nesta celebración, dende a biblioteca, fixemos na entrada do colexio unha exposición de libros con diferente temática referida a este día ( amizade, solidariedade, aceptación, igualdade...). A mesma tivo moita aceptación por parte dos rapaces, e os mestres poidemos comprobar moi contentos como, nos recreos, ían collendo os libros e disfrutaban da lectura.