Como tiñamos prometido, aínda quedaban actividades para celebrar o Día do Libro. Os mestres Pepe e Agustín, e Brais de 4º curso, deleitáronnos co conto " Confundindo Historias". Foi super divertido e encantounos! Non podía haber mellor final para unha gran celebración!
venres, 27 de abril de 2018
luns, 23 de abril de 2018
SEMANA DO LIBRO
Hoxe celebramos o DÍA DO LIBRO coas terceiras lecturas apadriñadas. Podedes ver as fotos no seguinte ENLACE
Recibimos a visita da Concelleira, que lle entregou aos alumnos un libro como agasallo. Moitas gracias!!
Recibimos a visita da Concelleira, que lle entregou aos alumnos un libro como agasallo. Moitas gracias!!
Ademáis, elaboramos un mural co lema "Groliños de lectura", no que cada alumno colocou nun vasiño unha poesía, adiviña, anécdota curiosa, fragmento de libro...para que os demáis puideran disfrutar do seu pequeno momento de lectura.
luns, 12 de marzo de 2018
DIA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA- 6º CURSO PRIMARIA
Con motivo da conmemoración do Día da Muller (8 de marzo) e ao mesmo tempo
da Semana da Prensa na escola (do 5 ao 9 de marzo) o alumnado de 6º
estivemos a realizar diversas actividades relacionas coas dúas temáticas partindo da
análise de xornais tanto en soporte papel como dixital.
Para comezar, observamos exemplos de textos periodísticos de interese e
tratamos de identificar cales eran noticias, cales artigos de opinión e cales
entrevistas, sinalando neles as características que os diferenciaban.
Por outra
banda, tomamos nota das distintas seccións que podemos atopar nun xornal e,
finalmente, seleccionamos varias noticias e asociámolas coas materias incluídas
no noso currículo.
En canto aos recortes que atopamos que se centraban na defensa dos dereitos
das mulleres, chamaron especialmente a nosa atención:
a) Un artigo de opinión da coñecida por todos nós María Canosa, no que
mostra fervorosamente como se sinte ante os actos de violencia machista e a
reacción da sociedade fronte aos mesmos.
b) Sendas noticias que lembraban,
por unha banda, a labor feminista de Virginia Woolf e, por outra, a celebración
dos 100 anos de igualdade no voto en Reino Unido.
c) Textos dixitais diversos nos que descubrimos que a igualdade en Galicia
en materia educativa hai pouco que se acadou, mais a igualdade no ámbito
laboral aínda está por chegar.
Este é o noso traballo:
venres, 16 de febreiro de 2018
DÍA DA AMIZADE
Onte celebramos o día da Amizade coas segundas lecturas apadriñadas deste curso.Premendo neste ENLACE poderás ver as fotos.
Na entrada do cole temos unha exposición de libros de amizade e paz. Ademáis o máis pequenos do cole puxeron en botes palabras de amor e de amizade.
xoves, 16 de novembro de 2017
martes, 24 de outubro de 2017
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
mércores, 18 de outubro de 2017
INFANTIL E A PINTURA
Os nosos pequerrechos xa están inmersos nas Belas Artes. Están empezando a coñecer a grandes pintores e... ata se atreven a imitalos!!!
A verdade é que Matisse pode estar ben orgulloso da reprodución dos seus cadros!!
A verdade é que Matisse pode estar ben orgulloso da reprodución dos seus cadros!!
Reprodución do Cadro Orixinal
Reprodución Libre
xoves, 28 de setembro de 2017
APORTACIÓN DE 1º CURSO
Os máis pequenos de Educación Primaria xa están comezando a coñecer as Belas Artes. Apórtannos a súa montaxe do mini-libro. Precioso!
xoves, 14 de setembro de 2017
FELIZ CURSO 2017-2018
Xa estamos de volta!
Empezamos o novo curso con moitas ganas, e esperamos que disfrutedes un ano máis coas marabillosas e emocionantes aventuras que atoparedes na nosa Biblioteca.
Xa temos o tema do Proxecto deste ano: As Belas Artes.
Ao longo deste primeiro trimestre iremos facendo en cada aula unha introdución ao proxecto e decoraremos as portas.
A distribución é a seguinte:
- Educación Infantil: A Pintura
- 1º Primaria: A Escultura
- 2º Primaria: A Danza
- 3º Primaria: A Arquitectura
- 4º Primaria: A Literatura
- 5º Primaria: A Música
- 6º Primaria: O Cine
Premendo no seguinte ENLACE tedes un documento, que podedes descargar, para elaborar un mini-libro explicativo sobre as Belas Artes.
Estade atentos ao Blog para ver tódalas actividades deste curso.
martes, 20 de xuño de 2017
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
Os alumnos de 5º e 6º curso fixeron unha magnífica aportación ao blog de biblioteca. Despois de realizar un taller de creación literaria, este foi o resultado de todo o aprendido. Aquí nolo amosan en formato libro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















