Con motivo da participación na actividade "Rosalía verso a verso", o alumnado de 6º de Primaria recibiu esta mañá un lote de libros, dous CDs e un DVD para o colexio.
Na entrega deste material estivo presente Irene, representante da Mancomunidade de Ordes; Francisco, Concelleiro de Cultura e Pablo, reporteiro gráfico.
Agradecemos moito este agasallo do que poderán gozar todos os nenos e nenas do centro.
Continuando con actividades enmarcadas no proxecto da Biblioteca, "Buluchi e as Belas Artes", os nenos e nenas de 6º quixeron organizar un "obradoiro de taumatropos" para presentar aos máis pequenos do colexio este xoguete óptico que, xunto co flipbook, o zoótropo e as sombras chinescas, é un dos precursores do cine.
Nesta ocasión, as imaxes que escollemos foron unha flor e unha abella, pois o alumnado de tres anos está a traballar con esta temática no seu proxecto de aula.
Se quedades con curiosidade por saber máis sobre todas estas técnicas para adentrarnos no mundo dos debuxos animados, estade moi atentos ao xornal escolar deste ano: alí publicaremos todas as claves!
Os alumnos de 2º curso rematan o seu traballo sobre as Belas Artes coa elaboración dun Lapbook en inglés sobre as mesmas. A súa elaboración forma parte da sección bilingüe na que están a participar.
Nas seguintes fotos podedes ver o resultado.
Temos que agradecer unha vez máis,a colaboración de tódalas familias para a elaboración do libro viaxeiro deste curso. A temática do mesmo é, como non, as Belas Artes. Así, cada aula foi elaborando un conto que tiña como tema principal a Bela Arte que tiña asignada. O conto foi rotando por tódalas casas e entre todos escribiron unhas historias preciosas. Moitísimas gracias!!
Iremos poñendo os distintos contos para que todos os poidades disfrutar.
Comezamos cos contos de Infantil . Temática: A pintura. Os alumnos de Infantil partiron dun cadro, e a partir del inventaron unha historia.
Continuamos cos contos!! Os alumnos de Primaria recolleron os distintos contos que escribiron nun mesmo libro, coa mágnífica portada que elaborou o mestre Pepe:
As temáticas de cada conto son tamén as Belas Artes: 1º: escultura; 2º: danza; 3º: arquitectura; 4º: literatura; 5º: música; 6º: cine.
So recordar que para ler cada conto non tedes máis que poñelo en pantalla grande, e se non se ve ben, aínda podedes ir ampliando cada páxina. Esperamos que vos gusten!
Este ano o día das Letras Galegas estará adicado á escritora María Victoria Moreno.
Podedes coñecer datos da súa vida e obra, así como descargar distintas actividades premendo na súa imaxe.
O alumnado de 6º achegouse ao traballo da
escritora galega nesta actividade organizada pola Mancomunidade de Ordes e coa
que se quere festexar conxuntamente o Día
de Rosalía e o Día das Letras Galegas.
Todos os nenos e nenas deste curso decidiron participar voluntariamente na
gravación dun audio, que despois convertemos en vídeo, no
que recitaron poemas de Rosalía seleccionados por eles mesmos.
Os alumnos de Segundo Curso de Primaria elaboraron unha presentación na que relacionan a Danza, que foi a Arte que lles tocou para traballar no proxecto deste ano, coas outras Belas Artes.