Os clásicos nunca pasan de moda! Gracias á colaboración das familias, estes días estamos a disfrutar dunha gran selección de contos clásicos. Achegádevos a vela e, o máis importante, a disfrutala lendo os magníficos contos que temos.
domingo, 7 de outubro de 2018
mércores, 3 de outubro de 2018
MOCHILAS VIAXEIRAS MOI DOCES!!!

As mochilas viaxeiras partiron onte cara as casas dos nosos nenos e nenas e hoxe mesmo xa comezaron a dar os seus froitos... Yago García (5º), xunto coa súa familia, non puido resistirse a facer unha das receitas do libro "Galletas y bocaditos" que levaba na mochila e, o mellor de todo, quixo compartila cos seus compañeiros e mestras!!! Un brownie delicioso, Yago. Moitos parabéns e moitísimas grazas!
luns, 1 de outubro de 2018
XUBILACIÓN!!!
No mes de setembro Buluchi enviounos esta carta:
Queridas nenas, queridos nenos:
Son Buluchi, a mascota da vosa
biblioteca. Teño que anunciarvos unha nova moi importante: xubílome!!!
Dende o curso 2012/13 vivín con vós
momentos inesquecibles e experiencias formidables: percorrín o mundo, aprendín
moreas de cousas sobre os oficios, fixen unha viaxe no tempo a través da
historia, coñecín os irmáns Grimm e os libros que escribiron, souben cousas moi
interesantes sobre as sete marabillas do mundo …
Voume supermegafeliz de ter
compartido tantos cursos con todos vós. Agora apetéceme facer cousiñas novas que teño pendentes e que
me fan moita ilusión.
Pero resulta que os mestres encargados da
biblioteca, precisan outra mascota que lles axude no seu traballo. Acordaron
facer un concurso entre todas as nenas e nenos do colexio. Por iso, e coa axuda
das vosas familias, pídenvos que deseñedes unha mascota para a biblioteca e que
tamén pensedes nun nome para ela.
O gañador ou gañadora do concurso terá un
premio sorpresa que recibirá o día 24 de outubro, día dedicado ás bibliotecas
escolares. Tendes de prazo para entregar os traballos aos vosos titores ata o
día 15 de outubro. O día 16, reunirase o xurado e decidirá o gañador ou
gañadora, tanto da mascota como do nome (que non teñen porqué coincidir).
Anímovos a que participedes.
Pedídelles ás vosas familias que vos axuden: así vai a saírvos unha mascota ben xeitosa.
Moita sorte!!!
PD: calquera día volvo para facervos
unha visita e contarvos á que me dedico.
Así que, non vos esquezades: PRECISAMOS OUTRA MASCOTA!!! Tedes aínda ato o dia 15 de outubro
mércores, 12 de setembro de 2018
PROXECTO DE BIBLIOTECA
Xa temos en marcha o noso proxecto deste ano: CONTOS DE CINE!
Polo nome xa podedes intuir que trata sobre contos que foron levados ao cine ou ao teatro.
Neste cartel podedes ver qué conto está asignado a cada clase.
Permanecede atentos ás actividades que iremos realizando.

martes, 4 de setembro de 2018
BENVIDOS AO CURSO 2018/2019
Xa queda menos! Despois dun merecido descanso estamos de volta con moitas ganas.
Esperámosvos na biblioteca con novas actividades.
Feliz curso a todos!
Esperámosvos na biblioteca con novas actividades.
Feliz curso a todos!
luns, 25 de xuño de 2018
FELIZ VERÁN!!!
Rematamos un novo curso! Esperámosvos o curso que ven con novas actividades e novos libros na nosa biblioteca.
Lembrade que non hai nada mellor que disfutar o verán cunha boa lectura nas vosas mans.
Lembrade que non hai nada mellor que disfutar o verán cunha boa lectura nas vosas mans.
FELICES VACACIÓNS!!
martes, 12 de xuño de 2018
AGASALLO POLA PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE "ROSALÍA VERSO A VERSO"- 6º CURSO
Con motivo da participación na actividade "Rosalía verso a verso", o alumnado de 6º de Primaria recibiu esta mañá un lote de libros, dous CDs e un DVD para o colexio.
Na entrega deste material estivo presente Irene, representante da Mancomunidade de Ordes; Francisco, Concelleiro de Cultura e Pablo, reporteiro gráfico.
Agradecemos moito este agasallo do que poderán gozar todos os nenos e nenas do centro.

domingo, 10 de xuño de 2018
OBRADOIRO DE TAUMATROPOS-6º DE PRIMARIA
Continuando con actividades enmarcadas no proxecto da Biblioteca, "Buluchi e as Belas Artes", os nenos e nenas de 6º quixeron organizar un "obradoiro de taumatropos" para presentar aos máis pequenos do colexio este xoguete óptico que, xunto co flipbook, o zoótropo e as sombras chinescas, é un dos precursores do cine.
Nesta ocasión, as imaxes que escollemos foron unha flor e unha abella, pois o alumnado de tres anos está a traballar con esta temática no seu proxecto de aula.
Se quedades con curiosidade por saber máis sobre todas estas técnicas para adentrarnos no mundo dos debuxos animados, estade moi atentos ao xornal escolar deste ano: alí publicaremos todas as claves!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)