venres, 29 de marzo de 2019

A FAMILIA DE BRAIS E NEREA CONTA...

Nesta ocasión foron Brais e Nerea os que lle axudaron á súa mamá Silvia a contar esta fantástica historia: TÍMIDA!
Non só nos regalaron o seu tempo, senón que tamén nos trouxeron un lapis con goma.
MOITÍSIMAS GRAZAS AOS TRES!






MES DO LIBRO

Non ben remata o mes e Silviña xa nos fixo outra proposta. Ten unhas ideas fantásticas!

O mes de abril estará adicado, como non, ao libro, xa que o día 23 é o Día do Libro.
 Por iso Silviña propúxonos celebrar unha actividade que terá como nome "MERCADILLO SOLIDARIO LIBRO-KILO-LITRO"

Para poder levar a cabo este mercadillo precisamos que os alumnos e demais persoal do centro, así coma os pais que o desexen, donen un o varios libros que xa non van volver a ler e que estén en bo estado. Teredes ata o día 11 de abril para traelos ao colexio. Faremos unha exposición con eles para que todos os poidan ver.

Despois de Semana Santa, montaremos o mercadillo cos libros recompilados. Poderedes mercar o  que máis vos guste. Pero... non precisades cartos! Para poder mercar un libro tedes que traer un kilo-litro dun alimento non perecedoriro. Podedes mercar tantos libros como queirades! Os alimentos recollidos serán doados a Cáritas Ordes.

Animádevos a participar nesta fantástica campaña!

CHEGOU A PRIMAVERA!

Remata o mes de marzo, o mes da poesía, e coa chegada da primavera, a nosa árbore encheuse de fermosas follas e flores con fantásticas poesías inventadas polos nenos e nenas.


domingo, 17 de marzo de 2019

VIVA A POESÍA!

O pasado día 14 de marzo recibimos nova carta de Silviña, con motivo da celebración do mes da poesía.

Os nosos alumnos xa están a preparar a decoración da ÁRBORE DE POESÍA, e algún xa se atreveu a SUSURRAR poemas aos seus compañeiros.

Animádevos a formar parte dos SUSURRADORES.

A FAMILIA DE DANIELA E MARTÍN CONTA...




"El día que se comieron a Luís" Fantástico conto e un momento super entretido que pasamos coa mamá de Daniela e Martín. Moitas grazas por facernos disfrutar cunha magnífica lectura.

luns, 4 de marzo de 2019

DE MOI LONXE!

O xoves recibimos carta de Silviña. E con ela chegounos un agasallo dende moi lonxe. Foi a súa maneira de agradecernos a nosa participación no xogo do Intruso . Tamén nós lle quedamos moi agradecidos polo Sacapenas e por propoñernos retos tan entretidos. Moitas grazas!



martes, 26 de febreiro de 2019

TES BO OLLO!


Acabamos de estrear un novo recuncho de novidades onde podedes atopar as últimas adquisicións para a nosa biblioteca.
Lembrade que podedes facer suxestións de libros para mercar.

O INTRUSO

Para este mes, e relacionado coa exposición de libros de amor e amizade, Silviña volveunos plantexar un novo reto.
 A ver se somos capaces de solucionalo!