mércores, 26 de xuño de 2019

FELICES VACACIÓNS!

Un ano máis rematamos o curso felices polo traballo e esforzo realizado por todos.
Como non podía ser menos, os axudantes da biblioteca recibiron o recoñecemento á súa grandísima colaboración.


Agardámosvos o curso que ven con novas sorpresas e ilusións.
Descansade moito, e acompañade ese descanso dunha boa lectura. Aquí vos deixamos unhas recomendacións.




BO VERÁN!


xoves, 13 de xuño de 2019

IMOS REMATANDO ! ! !

Non queda nada! A só uns días de rematar o curso, xa temos de volta os cadernos que foron ás casas nas mochilas viaxeiras. Neles, os alumnos, xunto coas súas familias, valoraron o contido das mochilas e algún ata fixo algunha manualidade, debuxo... dos libros que levaron.
Desexamos que todos disfrutaran moito con esta experiencia!




Rematamos tamén coas exposicións temporais da entrada da biblioteca. Nesta ocasión podedes atopar os libros que nos recomenda cada aula. Aproveitade para disfrutalos, aínda queda tempo.


martes, 4 de xuño de 2019

A FAMILIA DE DARÍO E CARLA CONTA. . .


Dous marabillosos contos nos relataron Chefa e Carla, a mamá e a irmá de Darío. Todos quedamos encantados e ademáis, moi agradecidos polos contos e polo regalo que nos fixeron.

Estamos orgullosos de que os nosos "redondos" queren moitísimo aos nosos "cadrados", tanto que xuntos fan un conxunto de pezas perfecto.

Moitas grazas!






luns, 3 de xuño de 2019

venres, 24 de maio de 2019

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Aínda que cuns días de retraso, hoxe celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, que este ano estivo adicado ao gran escritor Antonio Fraguas.


Aproveitando que hoxe celebramos o festival, fixemos a presentación do traballo realizado para conmemorar este día: O LIBRO VIAXEIRO. Este ano a temática xirou arredor do noso proxecto: Contos levados ao cine. A continuación tedes o libro formato dixital, para que todos o poidades disfrutar.

martes, 21 de maio de 2019

PISTAS 5 E 6



Mmmmmm! ! ! Esto ponse interesante! Xa sabedes de que libro estamos a falar? Investigade, porque estas dúas pistas son moi, moi boas!!!

luns, 13 de maio de 2019

xoves, 9 de maio de 2019

A FAMILIA DE NICO CONTA...

Seguro que todos coñecedes a Elmer, o elefante multicolor. Pero seguro que non vistes a súa sombra!
Os papás de Nico contáronnos o conto cun teatro de sombras. Quedou chulísimo!

Moitísimas grazas!





PISTA 3


Mmmmmmm...!! Que libro será?