mércores, 18 de decembro de 2019

BO NADAL ! ! !

Rematamos o 1º Trimestre. Só nos queda agradecer o magnífico traballo realizado polos nosos alumnos, alumnas, mestres, mestras e demáis persoal do centro, a súa implicación nas tarefas propostas polo Equipo de Biblioteca, a axuda dos Colaboradores da Biblioteca e a  visita dos pais e nais para contarnos fantásticos relatos. MOITAS GRAZAS!

Desexámosvos unhas FELICES FESTAS e, como non, deixámosvos unhas fantásticas recomendacións para este Nadal.




venres, 13 de decembro de 2019

A FAMILIA DE PAULO CONTA . . .



Que sopa máis rica! Gracias Xabier e Rocío por contarnos esta fermosa historia. Pasámolo xenial!





EXPONADAL




Vai rematando o ano, pero non as nosas ganas de que sigades lendo. Achegádevos a ver e disfrutar das historias de Nadal!


domingo, 8 de decembro de 2019

AlimentArte de Nadal

Sabedes que se come polo Nadal noutros lugares do mundo? Silviña propúxonos o reto de adiviñalo!


mércores, 4 de decembro de 2019

luns, 25 de novembro de 2019

A FAMILIA DE JORGE E MIGUEL CONTA

Loli, a mamá de Jorge e Miguel, volveu a agasallarnos este curso cun fantástico e misterioso relato. Que ben o pasamos!
Moitas grazas!
Esperamos contar contigo de novo!





xoves, 14 de novembro de 2019

venres, 8 de novembro de 2019

HISTORIAS ARREPIANTES

Por fin coñecemos aos gañadores do concurso de "Historias arrepiantes" organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua. Os alumnos de Infantil e 1º e 2º de Primaria contaron a súa historia cun debuxo e unha pequena explicación sobre o mesmo. Os alumnos de 3º a 6º de Primaria escribiron a súa propia historia.




Os gañadores na categoría de debuxo foron Ezequiel de 5 anos, Patricia de Segundo e Miguel de 1º.

PATRICIA




Na categoría de escritura, os gañadores foron Martín de 6º, Romeo de 6º e Olivia de 4º.

UNHA NOITE MOI ARREPIANTE- OLIVIA





MEDO DE AMIGOS- ROMEO

 

A MISTERIOSA NOITE- MARTÍN

  






xoves, 7 de novembro de 2019

MES DA CIENCIA

A nova exposición de libro está adicada á Ciencia, xa que o mes de novembro é o mes da Ciencia. Descubriredes cousas asombrosas!!!


luns, 4 de novembro de 2019

PORTAS APETITOSAS ! ! !

Este ano, seguindo o proxecto, cada aula decorou a porta a partir dun  cadro relacionado cos distintos tipos de alimentos. Quedaron chulísimas!