venres, 31 de xaneiro de 2020

A FAMILIA DE ANTÓN CONTA

Sempre nos dá moita alegría recibir ás mamás e papás, pero estamos moi felices de recibir tamén ás avoas e avós.
Desta vez foi a avoa de Antón a que se animou a lernos un conto. Moitas gracias por visitarnos!
Esperamos que anime a outros avós e avoas a vir, non só a lernos un libro, tamén a contarnos fantásticas historias e experiencias de cando eles eran nenos.





luns, 13 de xaneiro de 2020

EXPOPAZ ! !

Mes de xaneiro, mes da Paz! Pasade pola biblioteca, xa temos preparada a nova exposición!





mércores, 8 de xaneiro de 2020

QUEN É QUEN ?

Partindo do proxecto AlimentArte, os alumnos e alumnas de 3 e 4 anos de Infantil elaboraron este fantástico libro para aprender a comer sano, coñecer o nome de froitas, o seu propio nome...
Quedoulles precioso !










mércores, 18 de decembro de 2019

BO NADAL ! ! !

Rematamos o 1º Trimestre. Só nos queda agradecer o magnífico traballo realizado polos nosos alumnos, alumnas, mestres, mestras e demáis persoal do centro, a súa implicación nas tarefas propostas polo Equipo de Biblioteca, a axuda dos Colaboradores da Biblioteca e a  visita dos pais e nais para contarnos fantásticos relatos. MOITAS GRAZAS!

Desexámosvos unhas FELICES FESTAS e, como non, deixámosvos unhas fantásticas recomendacións para este Nadal.




venres, 13 de decembro de 2019

A FAMILIA DE PAULO CONTA . . .



Que sopa máis rica! Gracias Xabier e Rocío por contarnos esta fermosa historia. Pasámolo xenial!





EXPONADAL




Vai rematando o ano, pero non as nosas ganas de que sigades lendo. Achegádevos a ver e disfrutar das historias de Nadal!


domingo, 8 de decembro de 2019

AlimentArte de Nadal

Sabedes que se come polo Nadal noutros lugares do mundo? Silviña propúxonos o reto de adiviñalo!


mércores, 4 de decembro de 2019

luns, 25 de novembro de 2019

A FAMILIA DE JORGE E MIGUEL CONTA

Loli, a mamá de Jorge e Miguel, volveu a agasallarnos este curso cun fantástico e misterioso relato. Que ben o pasamos!
Moitas grazas!
Esperamos contar contigo de novo!





xoves, 14 de novembro de 2019