24 DE OUTUBRO
DÍA DAS BIBLIOTECAS
COMO ESTAMOS METIDOS DE CHEO NO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE, CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS CON UNHA INTERESANTE CHARLA SOBRE RECICLAXE
As mochilas comezan a dar o seu froito! Ezequiel, xunto coa súa familia, fixo unha fermosa caixa de panos con material de reciclaxe e...unhas galletas que tiñan unha pinta...!!!😋😋
Sira de 2º Curso de Primaria recoméndanos un libro co que aprenderás moitas cousas do noso planeta. Moi interesante!
XORNAL O PAPAGAIO
Na Bibliosilva, ademais de libros. temos revistas e o xornal O Papagaio que nos encanta. No número de outubro, Mr. Lupo pídenos que lle axudemos a resolver un problema.
E alá foi Silviña a propoñernos unha pregunta viaxeira de outono. Agora está todo o alumnado tentando buscar solucións para participar no concurso.