ENTREGA DE AGASALLOS
ÓS PARTICIPANTES
NA ACTIVIDADE FOTOGRÁFICA
DO DÍA DO LIBRO
CON SEMELLANTE EXEMPLO, ESTAMOS SEGUROS DE QUE AS NOSAS LECTURAS CHEGARÁN MOI ,MOI LONXE...
E chegamos á fin desta viaxe! Despois de pasar pola casa de Renata, a mochila viaxeira vai regresar á BiblioSilva para descansar ata o próximo curso.
Como non, Renata é tamén moi larpeira e quíxonos deixar as imaxes das súas elaboracións. Como ela mesma di, parece que estaban DE RECHUPETE !!! Gracias!
Chegando case ao final da viaxe da nosa mochila, seguimos a recibir as aportacións superapetitosas dos nosos pequenos. Asier fixo outra das receitas propostas nun dos libros e, novamente, ten unha pintaza!!!Mmmmmm!
Encántanos tamén o seu debuxo. Moitas gracias!!!
Tal e como nos conta Valeria, encántanlle os animais. Por iso fixo un precioso gatiño con material de reciclaxe.
Pero...tamén é moi larpeira! E igual que aos seus compañeiros, apeteceulle facer unha deliciosa receita.
Graciñas pola túa aportación!