luns, 13 de xuño de 2022

PREMIO

O XORNAL O PAPAGAIO, QUE RECIBIMOS CADA MES NA NOSA BIBLIOTECA, DECIDIU PREMIAR CON UN TALLER DE MR. LUPO AS NOSAS APORTACIÓNS AO CONCURSO DE IDEAS PENSA CON MR. LUPO.

 CADA MES DESDE O INICIO DO CURSO, A NOSA MASCOTA SILVIÑA, INVITOUNOS A RESOLVER UNHA PREGUNTA VIAXEIRA SACADA DO XORNAL.
A RAPAZADA PUXO O SEU MAXÍN EN MARCHA E TAN FANTÁSTICAS  IDEAS TIVERON A SÚA RECOMPENSA.















ESTO SOLO É UNHA PEQUENA MOSTRA, O RESTO TÉMOLO TODO NUN LIBRIÑO NA BIBLIOTECA, PARA VER CANDO QUEIRADES.

MOI BEN FEITO RAPACES!!!


 

martes, 17 de maio de 2022

ENTREGA DE AGASALLOS 

ÓS PARTICIPANTES 

NA  ACTIVIDADE FOTOGRÁFICA 

DO DÍA DO LIBRO







GRACIÑAS RAPAZADA, FAMILIAS, MESTR@S!!!

CON SEMELLANTE EXEMPLO, ESTAMOS SEGUROS DE QUE AS NOSAS LECTURAS CHEGARÁN MOI ,MOI LONXE...

martes, 10 de maio de 2022

MOCHILA VIAXEIRA-2º PRIMARIA

 E chegamos á fin desta viaxe! Despois de pasar pola casa de Renata, a mochila viaxeira vai regresar á BiblioSilva para descansar ata o próximo curso.

Como non, Renata é tamén moi larpeira e quíxonos deixar as imaxes das súas elaboracións. Como ela mesma di, parece que estaban DE RECHUPETE !!! Gracias!




luns, 25 de abril de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

 Marcapáxinas monstruosos dos alumnos de 2º  de Primaria. Para non perderse ningunha lectura interesante! 

mércores, 20 de abril de 2022

MOCHILA VIAXEIRA-2º PRIMARIA

 Chegando case ao final da viaxe da nosa mochila, seguimos a recibir as aportacións superapetitosas dos nosos pequenos. Asier fixo outra das receitas propostas nun dos libros e, novamente, ten unha pintaza!!!Mmmmmm!

Encántanos tamén o seu debuxo. Moitas gracias!!!




xoves, 31 de marzo de 2022

MOCHILA VIAXEIRA-2º PRIMARIA

 Tal e como nos conta Valeria, encántanlle os animais. Por iso fixo un precioso gatiño con material de reciclaxe.

Pero...tamén é moi larpeira! E igual que aos seus compañeiros, apeteceulle facer unha deliciosa receita.

Graciñas pola túa aportación!