venres, 24 de febreiro de 2023

MOCHILA VIAXEIRA- DIMAS 3º PRIMARIA

 Continuamos a recibir as vosas aportacións. Dimas contounos cánto lle gustou o contido da mochila, pero ademáis escribiunos un " grito de guerra " típico hai anos na parroquia de Rodís.

Moitas gracias!




domingo, 12 de febreiro de 2023


PISTA 7 E SOLUCIÓN

Coa pista 7 remata o noso xogo de pistas de 
COÑECENDO CERCEDA
 Os rapaces de primeiro, como sempre, achegáronnos o resultado 
Román foi a Encrobas, e alí ao pe da pedra Mazafacha atopou o  torque enterrado. 

 O alumnado de primaria, atopou e resolveu todas as pistas agochadas polo colexio

A recompensa está a piques de chegar















 

luns, 6 de febreiro de 2023

MOCHILA VIAXEIRA- IZAN-3º Primaria

 Izan escribiunos na libreta, ademáis das súas impresións sobre os libros, unha cantiga que lle interpretou o seu avó. A ver se algún día se atreve a cantárnola! Graciñas!




COÑECENDO CERCEDA- RODÍS

 A semana pasada fomos de paseo pola Silva. VALERIA tróuxonos unhas fotos antigas (parece ser que do 1970) do Campo de Feira das Nenas e das rúas que alí hai. 

Quixemos ir ver o cambio que tivo durante todos estes anos

1970


2023


E xa que estabamos de paseo, achegámonos a ver a capela e a praza que hai diante dela, co seu cruceiro e fonte. A capela da Silva era coñecida antigamente como capela de San Amaro e estaba moi relacionada cos peregrinos. O día da Feira das Nenas a xente dicía que ía ao "San Amaro das Nenas".
Agora noméana como capela do Espíritu Santo.




domingo, 5 de febreiro de 2023

 PISTA 6 E SOLUCIÓN


Esta rapazada de primeiro resolve todas as pistas.
 Ben feito!!!
Román está chegando ao seu destino.
 Na pista 7 temos a solución. 
Cal será?




luns, 30 de xaneiro de 2023

COÑECENDO CERCEDA- RODÍS

VALERIA E DIMAS, e as súas familias, tamén nos aportan imaxes dos seus paseos pola parroquia de Rodís. Gracias pola vosa colaboración.





mércores, 25 de xaneiro de 2023

 MOCHILA VIAXEIRA

SOFÍA PEREIRO (5º INFANTIL)


A FAMILIA DE SOFÍA ESCRIBIU NO CADERNO VIAXEIRO UN FEITO MOI IMPORTANTE QUE ACONTECEU NO NOSO CONCELLO, E DO QUE EN PARTE FOI PROTAGONISTA O SEU AVÓ:

😊😊😊

luns, 23 de xaneiro de 2023

COÑECENDO CERCEDA- RODÍS

 ANTÓN, KATIA e EZEQUIEL coa axuda das súas familias, achégannos unhas fotos da parroquia de RODÍS, para que vaimos coñecendo lugares fantásticos do noso Concello. 

Moitísimas gracias pola vosa aportación!

ANTÓN


KATIA


EZEQUIEL



MOCHILA VIAXEIRA-3º DE PRIMARIA

 Katia envíanos as súas impresións sobre a mochila. Ademáis adxunta unhas imaxes do entorno da súa casa, en Rodís, para que coñezamos mellor a parroquia. Tamén unha cantiga de berce e un refrán.

Moitas gracias Katia!