O verán xa está aquí. Abride portas e fiestras e deixade entrar aire fresco e sol. É un bo momento para remollarse no río, no mar ou no aquapark. Tamén para disfrutar das aventuras coas familias e coas amizades, das festas e das orquestas. As pantallas deixádeas a un lado porque chamuscan as ideas. Dádelle oportunidade a un libro refrescante.
FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!!
venres, 7 de xuño de 2024
PRODUTO FINAL
ANIMALANDIA
Rematamos o PDI deste curso cunha exposición dos traballos feitos en cada unha das titorías.
Menudos artistas temos no Celso Emilio!!
O alumnado da aula mixta de cuarto e quinto de educación infantil, explícannos moi ben como falan os animais.
Á rapazada de terceiro encántanlles os cans. Son os seus animais preferidos.
Os de 4º son uns auténticos artistas.
Co seu AnimalArte ben poderían expoñer en calquera galería de arte do país ou ata do extranxeiro.
Aos de primeiro vailles a marcha e fixeron unha "cacho animalada"
O alumnado de quinto e sexto de infantil presentan "os peixes de Daniela pirata"
Do A ao Z os animais máis raros do planeta! foi presentado por alumnas e alumnos de segundo de primaria.
MOI BEN FEITO RAPACES!!
MENUDO DOMINIO DA ELECTRICIDADE...
EN QUINTO XUNTARON CADROS PINTADOS POR ELES E O XOGO DO VEXO VEXO.
MENUDAS MARABILLAS!!
PEDÍMOSLLE QUE DOARAN AS SÚAS OBRAS DE ARTE PARA DECORAR A BIBLIOTECA. A VER SE TEMOS SORTE...
xoves, 30 de maio de 2024
CADERNO VIAXEIRO
GABRIEL
3º PRIMARIA
martes, 21 de maio de 2024
CONTACONTOS CON TRINKE TRINKE
Seguindo co noso PDI: Animalandia, recibimos na Bibliosilva a Fuco, un ratiño de biblioteca. Contounos catro fantásticos contos de animais.
Que ben o pasamos...
CADERNO VIAXEIRO
ANXO
3º PRIMARIA
mércores, 15 de maio de 2024
LIBRO RECOMENDADO
xoves, 9 de maio de 2024
CADERNO VIAXEIRO
IZAN
3º PRIMARIA
venres, 3 de maio de 2024
EMPEZAMOS MAIO POR TODO O ALTO:
A FAMILIA DE PEDRO DE 1º DE PRIMARIA VEU A CONTAR Á BIBLIOSILVA
RECIBIMOS UN AGASALLO EN FORMA DE LIBRO DE PARTE DE CHARO PITA
AGASALLAMOS A TODA A RAPAZADA CON SOBRES CHEOS DE ANIMAIS FANTÁSTICOS
xoves, 2 de maio de 2024
CADERNO VIAXEIRO
JUAN
1º PRIMARIA
domingo, 21 de abril de 2024
SEMANA DO LIBRO 2024
Na Bibliosilva celebramos por todo o alto a semana do libro con unha morea de actividades: