As ideas para o noso PDI non paran...
A rapazada de 1º de primaria e a da aula mixta de 4º/5º de infantil puxeron os seus miolos en acción e presentan o proxecto ENCARARTE, moi acaído para esta época do entroido.
ACOMPAÑAMENTOS LECTORES NA HONRA DE ROSALÍA DE CASTRO
Para celebrar o día de Rosalía por todo o alto, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria acompañaron ao alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria na lectura de poemas da escritora. Posteriormente os acompañados ilustraron os poemas.
SEMANA DO 14 DE FEBREIRO
O venres 14 de febreiro foi un día de corazón:
A rapazada de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria disfrutou dunha sesión de contacontos co rato Fuco, da compañía Trinke Trinke.
AS FAMILIAS CONTAN MOITO
O venres 17 de xaneiro, veu á biblioteca Mar, a mamá de Mariña e Minia. Mar foi antigua alumna do Celso Emilio e achegouse a contar dous contos a infantil e primeiro ciclo de primaria.
Mar escribiu fermosas palabras no libro de visitas da Bibliosilva. Estamos moi agradecidos e orgullosos coa participación das familias nestas sesións de contar contos. Son moi motivadoras para o alumnado e axudan a tecer comunidade educativa.
Mil gracias a todos os que xa viñeron e aos que aínda están por vir.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
AS FAMILIAS CONTAN MOITO
Chegando ao fin do primeiro trimestre, tivemos a primeira sesión da actividade: as familias contan moito. Cristina, a mamá de Valentina contounos dous contos. Encantáronnos, como sempre.