AS FAMILIAS CONTAN MOITO
Na semana do libro, tivemos nova sesión de "As familias contan moito". Nesta ocasión foi o turno de Tamara, a mamá de Celtia. Veu acompañada da súa nai Lola e de Mael, o seu fillo pequeno. Mil gracias aos tres.
DÍA mundial DO LIBRo
Celebramos por todo o alto o día do libro, data escollida porque un 23 de abril de 1616 falecía Miguel de Cervantes, o noso escritor universal.
O Concello de Cerceda agasallou con libros a todo o alumnado do centro.
Libros recén chegadiños á bibliosilva que se están presentado nas respectivas aulas de infantil e primaria.
ÁNXELA, MINIA, IVAN, UXÍA
5º/6º INFANTIL
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O venres 21 de marzo celebramos o día da poesía con un obradoiro de cantigas. Alumnas e alumnos de cuarto, quinto e sexto de primaria participaron activamente na creación en grupo de cantigas que interpretaron posteriormente.
Parece que van polo camiño da regueifa. Aínda se poden presentar a algún concurso. De seguro que gañan.
ACOMPAÑAMENTOS LECTORES NA HONRA DE ROSALÍA DE CASTRO
Para celebrar o día de Rosalía por todo o alto, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria acompañaron ao alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria na lectura de poemas da escritora. Posteriormente os acompañados ilustraron os poemas.