luns, 16 de xuño de 2025

 CADERNO VIAXEIRO

1º PRIMARIA

MATEO DÍAZ, ARTAI, MATEO BECERRA, DARÍO, FABIO, SIMÓN, SOFÍA, AZAHARA, ABEL

luns, 9 de xuño de 2025

 TEATRO E CADEIRAS MUSICAIS

A rapazada de segundo de primaria sigue á voltas coa Intelixencia Artística. Neste caso a cousa vai de teatro e de cadeiras musicais

O xogo das cadeiras musicais buscaba a cooperación para que todos se poideran sentar ao mesmo tempo.









domingo, 8 de xuño de 2025

domingo, 1 de xuño de 2025

CADERNO VIAXEIRO

5º/6º INFANTIL

VERA, VALENTINA, HUGO, CELTIA, JAZIEL



BIBLIOTECA HUMANA
Miguel Couto escribiu no caderno de visitas da Bibliosilva 💕
Fermosas palabras 💖
Agradecidos ata o infinito 💗



sábado, 31 de maio de 2025

 VI CONCURSO DE MARCA PÁXINAS DA BIBLIOSILVA

Este curso convocamos o concurso de marca páxinas coincidindo co mes do libro. Foi todo un éxito de participación. Graciñas á rapazada e ás súas familias por animarse a crear arte.

domingo, 25 de maio de 2025

 EncarARTE

Sombras e natureza

Seguimos á voltas co PDI deste curso.  

A rapazada de 4º e 5º de infantil e a de 1º de primaria déronlle vida ás súas sombras convértendoas en caras feitas con elementos da natureza.

De seguro que EncarARTE ben pode converterse nunha futura corrente artística, porque no presente xa o é. 

            

martes, 13 de maio de 2025

 LETRAS GALEGAS 

A primeiros de xaneiro puxemos en marcha dende a biblioteca en colaboración co EDLG un caderno viaxeiro titulado As Nosas Cantigas. 

Neste proxecto ao que invitou a principios de curso  unha mestra de música dun colexio de As Pontes, participamos 21 centros educativos  das catro provincias galegas e por fin o podemos compartir con toda a comunidade educativa.

Abaixo podedes acceder ao documento e gozar coas diferentes aportacións de máis de dous mil nenos e nenas que coma vós, xunto coas súas familias, veciños e amigos fixeron este traballo de memoria para recordar aquelas cantigas, ditos, refráns, xogos de botar a sortes... que lles cantaban e contaban as súas nais, avoas, bisavoas, co obxectivo de manter viva a nosa tradición oral. 

RELACIÓN DOS CENTROS PARTICIPANTES:

1.- CEIPP A FRAGA (As Pontes)

2.-CEIPP A MAGDALENA (As Pontes)

3.- CEIPP SANTA MARÍA (As Pontes)

4.- IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ (As Pontes)

5.- CEIP JOSÉ MARÍA LAGE (Ortigueira)

6.- CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE (Cariño)

7.- CEIP SAN ISIDRO (Neda)

8.- CEIP DE PIÑEIROS (Narón)

9.- CEIPP DE SIGÜEIRO (Oroso)

10.- CEIP BERGANTIÑOS (Carballo)

11.- CEIP DE TEIXEIRO (Curtis)

12.- CEIPP CELSO EMILIO FERREIRO (Cerceda)

13.- CEIPP SANTA RITA DE GALDO (Viveiro)

14.- CEIPP DE COVAS (Viveiro)

15.- CEIPP GREGORIO SANZ (Ribadeo)

16.- CEIPP DE SESTELO-BAIÓN (Vilanova de Arousa)

17.- CEE VILAGARCÍA (Vilagarcía)

18.- CEIP AMOR RUIBAL (Barro)

19.- CEIP VILAVERDE-MOURENTE (Pontevedra)

20.- CEIPP SAN ROQUE DE DARBO (Cangas)

21.- CEIPP RAMÓN OTERO PEDRAYO (Amoeiro)


Hecho con Padlet

xoves, 1 de maio de 2025

 PRESENTACIÓN LIBRO

Rematando abril, o mes do libro, recibimos a visita da autora Sara Aramburu.  María, a  mamá de Luka e Marina, acompañou a Sara na presentación dun dos  seus  libros. 

Agradecemos especialmente a Sara e a María que viñeran á Bibliosilva para poñer o ramo a un mes tan especial. 

                 

domingo, 27 de abril de 2025

AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Na semana do libro, tivemos nova sesión de "As familias contan moito". Nesta ocasión foi o turno de Tamara, a mamá de Celtia. Veu acompañada da súa nai Lola e de Mael, o seu fillo pequeno. Mil gracias aos tres. 

                    

mércores, 23 de abril de 2025

DÍA  mundial DO LIBRo

Celebramos por todo o alto o día do libro, data escollida porque  un 23 de abril de 1616 falecía Miguel de Cervantes, o noso escritor universal.

O Concello de Cerceda agasallou con libros a todo o alumnado do centro.


A rapazada de 3º de primaria aproveitou os libros de expurgo da biblioteca para darlle unha nova vida. A intelixencia artística segue dando unha morea de sorpresas.