II CONCURSO DE LOGOS DO PDI
Este curso o PDI vai de cine, co título: Luces, cámara, emoción. Este título é o que debían incluír os participantes no II Concurso de Logos do PDI. O xurado tíñao difícil: escoller entre 53 logos achegados poLa rapazada do cole. Pasou algo moi curioso en primaria: en 4º participou todo o alumnado e en 5º solo se atreveu unha nena.
O logo gañador foi o de Dimas, de 6º de primaria, que recibirá en breve os seus agasallos. Os logos de Julen de 4º de infantil e o de Ezequiel de 6º de primaria, tamén recibirán outro. E todos os participantes levarán o seu correspondente diploma de agradecemento.
Sodes uns verdadeiros artistas. Parabéns!!