Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de febreiro de 2021

LECTURA COLECTIVA


Super interesante o libro que están a ler @s nen@s de 3º e 4º .

 Disfrutando da lectura colectiva!





luns, 21 de decembro de 2020

PASAPALABRA POLO CAMIÑO

 Que ben o pasaron @s alumn@s de 5º e 6º co pasapalabra sobre o Camiño de Santiago que preparou Sheila, a nosa alumna-profe de prácticas. E canto aprenderon! Moitas grazas Sheila pola túa colaboración e implicación!





luns, 23 de novembro de 2020

MOCHILA VIAXEIRA-VALERIA

 Hoxe chegáronnos as impresións de Valeria, de 1º Curso, sobre o contido da mochila. Ademáis envíanos unha foto na que vemos o que está aprendendo, xunto coa súa familia, sobre o Camiño de Santiago. Porque xa se sabe que a mellor forma de aprender é, ademáis de ler, visitar lugares. Como decía Cervantes: " O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"

Moitas gracias!





luns, 26 de outubro de 2020

CAMIÑO DO NORTE

 Os alumnos de 1º curso comezan a súa andadura: o Camiño do Norte. Prepararon a súa alforxa, a súa cuncha e xa teñen a súa credencial. 








Tamén teñen lista a súa indumentaria.











Xa están listos e moi contentos de comezar! BO CAMIÑO! ! !











venres, 5 de xuño de 2020

AlimentArte- Infantil

A partir do conto " A tartaruga que quería durmir" e a canción do conto "O polo Pepe" , os alumnos  de Infantil elaboraron estas fermosas obras de AlimentArte. Preciosas! Moitas grazas por compartir con nós o voso traballo!





venres, 8 de maio de 2020

TALLERES AlimentArte- Aula de 5 anos

Os alumnos de 6º de Infantil queren compartir con nós imaxes dos tres talleres que fixeron na clase con froitas, unha actividade dentro do proxecto AlimentArte.
Como comían! Debían de estar ben boas!

mércores, 6 de maio de 2020

ARTE CULINARIA- NEN@S DA AULA DE 3-4 ANOS

A profe Monse fíxonos chegar uns videos nos que vemos aos alumnos de 4º e 5º de Infantil en plena creación artística-culinaria, cunhas obras moi "espaciais": foguetes e lúas. Que saborosas estaban!

@S ALUMN@S DE 6º DE INFANTIL CONTAN

Os alumnos de 6º de Infantil comparten con nós un conto que elaboraron a partir do proxecto de biblioteca. Son uns artistas!

martes, 5 de maio de 2020

ARTE CULINARIA- PASEO VIRTUAL

Aquí vos deixamos un paseo virtual polo museo da BiblioSilva, onde podedes ver todas xuntas esas fantásticas obras de arte culinaria que fixestes. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación. Sodes uns verdadeir@s artistas! Non podemos estar máis orgullos@s!

ARTE CULINARIA

Aínda nos queda algunha obra! Hoxe Roi de 2º curso enviounos un "trampantojo"  (algo que parece unha cousa pero que en realidade é outra). Que vos parece que fixo? Cervexa con olivas? Pois non! Paréceno, pero é zume de piña e melocotón con nata, acompañado de boliñas de chocolate. Como Roi dicía cando era pequeno, "Exquesito"!

luns, 27 de abril de 2020

ARTE CULINARIA

Aínda nos queda algunha obra por expoñer. Aquí volas deixamos. Semellan ben apetitosas !








sábado, 25 de abril de 2020

ARTE CULINARIA

Hoxe, como é sábado, imos ao museo a ver grandes obras de arte recén chegadas !