Amosando publicacións coa etiqueta Día da Amizade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Amizade. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de febreiro de 2021

ENTREGA DE PREMIO

 Así de contentos (aínda que algún parece algo asustado 🙊🙊) estaban os gañadores do concurso de cartas-debuxos cando recibiron o seu premio!











xoves, 18 de febreiro de 2021

CONCURSO- CARTAS DE AMIZADE

 Para conmemorar o día do amor e a amizade, organizamos un concurso de cartas e debuxos .

Aínda que ao xurado lle costou decidirse. . .  Xa temos @s gañadores! 

Noraboa e gracias a tod@s @s que vos esforzastes en participar
.










luns, 17 de febreiro de 2020

14 de febreiro- SAN VALENTÍN

O venres celebramos o día da Amizade e do Amor coa realización das lecturas apadriñadas. 
Os alumnos maiores  léronlles aos pequeños fermosos libros. 
Tamén intercambiaron entre eles unhas preciosas tarxetas de amizade que previamente depositaron na caixa de correos da biblioteca e foron posteriormente seleccionadas polos responsables da mesma.
No seguinte ENLACE podedes ver máis fotos das lecturas.





Como fin de festa, asistimos na biblioteca a un concerto de mans de Xavi, ao que lle agradecemos moito que viñera ao noso cole a celebrar con nós un día no que festexamos algo tan importante como é a AMIZADE. 
Foi fantástico!






xoves, 6 de febreiro de 2020

RECUNCHO AMOROSO




Febreiro, mes do amor e da amizade!

Xa temos preparada unha nova exposición de libros amorosos. Vide a disfrutala!




martes, 26 de febreiro de 2019

O INTRUSO

Para este mes, e relacionado coa exposición de libros de amor e amizade, Silviña volveunos plantexar un novo reto.
 A ver se somos capaces de solucionalo!



domingo, 17 de febreiro de 2019

DÍA DA AMIZADE

SAN VALENTÍN! Día do amor, e como non da AMIZADE. Eso foi o que quixemos celebrar no noso colexio, porque non hai amor máis grande que unha verdadeira amizade.

Para iso levamos a cabo varias actividades:

- Primeiras LECTURAS APADRIÑADAS deste curso. No seguinte ENLACE podedes ver fotos.

- POSTAIS DE AMIZADE: os "padriños" das lecturas elaboraron unhas postais para lle regalar aos seus "afillados"e viceversa. Leváronas á caixa de correos da biblioteca e despois os colaboradores fixeron a clasificación por cursos e repartíronas. Todos se puxeron super contentos ao recibila!


- Continuando co noso proxecto," Contos levados ao cine", os nosos alumnos confeccionaron uns corazóns preciosos con parellas dos contos. Canto amor!