venres, 19 de xuño de 2026

... THE END 

Todo o bo remata.  O presente curso converteuse nunha peli fantástica que quedará nas nosas cabezas e nos nosos corazóns. Agora queda un verán para disfrutar e recargar as pilas co fin de  voltar en setembro e empezar de novo. 

FELIZ VERÁN E ESTUPENDAS LECTURAS!!


MOCHILA VIAXEIRA
JORGE, PAULO, ENZO
4º PRIMARIA

                         

xoves, 18 de xuño de 2026

asSircópatas circo de terra

Na véspera do fin de curso puxemos o ramo  ás actividades da biblioteca con Dani de asSircópatas circo de terra. 

Dani fixo de todo: malabares, contorsionismo, equilibrismo, lanzamento de coitelos, escapismo... pero sobre todo contou moi ben contado o conto do gato lambón. 









Despois da fantástica actuación de Dani, fixemos entrega de varios agasallos:

- á gañadora e finalistas do concurso de marcapáxinas da Bibliosilva

-  á gañadora do deseño do logo da radio escolar

- ás rapazas e rapaces cuias familias participaron na actividade "as familias contan moito"

- aos axudantes da biblio

MOITAS GRAZAS A RAPACES E FAMILIAS POR TODO O QUE APORTARON ÁO FUNCIONAMENTO DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR!!




















venres, 29 de maio de 2026

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Xema, a mamá de Uxía, Antía e Mariña puxo o ramo á actividade de "as familias contan moito". Con Xema, foron nove as familias que viñeron á biblioteca a contar moito e moi ben.

Agradecemos  ás  familias que ao longo de todo o curso participaron nunha actividade tan motivadora para o alumnado. Contan moito para o Celso Emilio. 

MIL GRACIAS.

                    

mércores, 20 de maio de 2026

 OBRADOIRO DE DRAMATIZACIÓN 

CON ARTUR TRILLO DE TALÍA TEATRO

 Recibimos na Bibliosilva a Artur Trillo, actor, director e autor teatral, fundador da compañía Talía Teatro. 

Artur compartíu co alumnado de 4º e 5º de primaria un obradoiro de dramatización oral. A actividade resultou todo un éxito. 

A rapazada vai collendo táboas para presentar futuros podcast de radio.





venres, 15 de maio de 2026

 visita ao centro de día e fogar residencial de cerceda.

Todo empezou o pasado mes de febreiro con unhas cartas de amor e amizade que pensamos, escribimos, debuxamos e decoramos nas respectivas aulas e mandamos ao Fogar Residencial de Cerceda. 

Quedaron tan contentos e agradecidos coas nosas cartas que nos convidaron a visitalos. 

E aló fomos tres nenas e nenos por aula (vinte e sete en total) e tres mestras a un encontro  interxeracional cos usuarios do Fogar. 

Pasamos alí un tempo agradable e enriquecedor compartindo conversa, experiencias e xogos, fortalecendo  os vínculos afectivos e a empatía.

Agasalláronnos con diplomas para compartir co resto dos compañeiros e compañeiras que quedaron no cole, dando así testemuña da actividade levada a cabo.
































luns, 11 de maio de 2026

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

Nova sesión de "as familias contan moito". Nesta ocasión con Karina, a mamá dos nosos compañeiros Vera e Luca de educación infantil.

                 




martes, 5 de maio de 2026

xoves, 23 de abril de 2026

 

semana do libro na bibliosilva

23 de abril

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Acompañamentos lectores para celebrar por todo o alto o día mundial do libro.               

                  

CARTELEIRA DÍA DO LIBRO

A rapazada de 1º de primaria presentou a carteleira conmemorativa do día libro.


O alumnado de infantil e primaria recomenda:








BIBLIOTECA HUMANA CON MONCHO VILAR 
                    

CADERNO VIAXEIRO
MIGUEL
3º PRIMARIA
                  

luns, 20 de abril de 2026

UN ABRIL DE LIBROS

O venres 17 recibimos a Cris, a mamá de Valentina, noutra nova sesión de "as familias contan moito"

                 

xoves, 16 de abril de 2026

 MOCHILA VIAXEIRA

4º PRIMARIA

AIMAR, ASIER, TELMO, JULIA

             


LIBROS E CINE

A rapazada de 4º de primaria segue disfrutando cos libros e coas películas baseadas neses libros. Neste caso con "Charlie e a fábrica de chocolate".
A hora de ler da para moito...