Amosando publicacións coa etiqueta COÑECENDO CERCEDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COÑECENDO CERCEDA. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de abril de 2023

COÑECENDO RODÍS- 3º PRIMARIA

 Estivemos investigando un pouco e, aínda que non lle preguntamos a todo o mundo, nesta gráfica podédesvos facer unha idea das profesións da xente de Rodís.





xoves, 23 de marzo de 2023

COÑECENDO RODÍS-3º PRIMARIA

 Atopades dúas cabuxiñas saltando polo Monte do Castelo?😉 

Graciñas Clara e Blanca polas vosas fotos para axudarnos a coñecer Rodís!



luns, 6 de febreiro de 2023

COÑECENDO CERCEDA- RODÍS

 A semana pasada fomos de paseo pola Silva. VALERIA tróuxonos unhas fotos antigas (parece ser que do 1970) do Campo de Feira das Nenas e das rúas que alí hai. 

Quixemos ir ver o cambio que tivo durante todos estes anos

1970


2023


E xa que estabamos de paseo, achegámonos a ver a capela e a praza que hai diante dela, co seu cruceiro e fonte. A capela da Silva era coñecida antigamente como capela de San Amaro e estaba moi relacionada cos peregrinos. O día da Feira das Nenas a xente dicía que ía ao "San Amaro das Nenas".
Agora noméana como capela do Espíritu Santo.




luns, 30 de xaneiro de 2023

COÑECENDO CERCEDA- RODÍS

VALERIA E DIMAS, e as súas familias, tamén nos aportan imaxes dos seus paseos pola parroquia de Rodís. Gracias pola vosa colaboración.





luns, 23 de xaneiro de 2023

COÑECENDO CERCEDA- RODÍS

 ANTÓN, KATIA e EZEQUIEL coa axuda das súas familias, achégannos unhas fotos da parroquia de RODÍS, para que vaimos coñecendo lugares fantásticos do noso Concello. 

Moitísimas gracias pola vosa aportación!

ANTÓN


KATIA


EZEQUIEL



domingo, 4 de decembro de 2022

 PISTA 4 E SOLUCIÓN

O xogo de pistas vai a fume de carozo. Parece que Román non da atopado o que busca... pero non importa, porque está aprendendo unha morea de cousas sobre o  concello de Cerceda.


👍👍👍👍



Deixamos a Román diante do que queda da torre de Boedo en Queixas... a onde se terá que dirixir agora?


martes, 25 de outubro de 2022


COÑECENDO CERCEDA

Neste curso pretendemos coñecer un pouco máis o concello ao que pertence o noso cole.
Para o  mes de outubro, Silviña propuxo  un xeróglifo ao alumnado de primaria:



1º PRIMARIA
Aínda que parece un pouco difícil, á rapazada de primeiro de primaria non lle costou nadiña  resolvelo. 
Ata se animaron a debuxar a festa á que se refería o xeróglifo.

Son uns artistas. Velaquí tendes a proba:




3º PRIMARIA


O alumnado de terceiro de primaria tamén descubriu que a resposta do xeróglifo era: FEIRA DAS NENAS

E  investigando, investigando...  Izan e José Lamas Catro, o seu avó, atoparon unhas coplas do ano 1992, que un home  lle adicou a esta festa tan importante para a parroquia de Rodís e para todo o concello de Cerceda. 

 Atoparon tamén  O CONTO DUN BAILE, e unha foto do Campo da Feira das Nenas


💛💚💙💜💛💚💙💜
 
Clara preguntou na súa casa. O seu avó Guillermo e a súa mamá Sonia, contáronlle que a Feira das Nenas  tamén se chama feira de Abril:



4º/5º INFANTIL



Os alumnos de 4º/5º de infantil respostaron moi ben á pregunta de Silviña:




martes, 18 de outubro de 2022

 MOCHILAS VIAXEIRAS

1º PRIMARIA/5º PRIMARIA


XA CHEGARON DAS CASAS ALGUNHAS MOCHILAS. E VIÑERON CARGADIÑAS DE APORTACIÓNS FANTÁSTICAS.

AIMAR DE 1º DE PRIMARIA ATREVEUSE A ESCRIBIR SOBRE TODOS OS LIBROS DA MOCHILA DA SÚA AULA. E PUXO EN PRÁCTICA UNHA RECEITA DO LIBRO DE COCIÑA COA AXUDA DA SÚA IRMÁN AINARA.



A DARÍO DE QUINTO DE PRIMARIA, GUSTOULLE  LA COCINA DE MATILDA. 

E GRACIAS Á AXUDA DA SÚA FAMILIA COÑECEMOS UNHA LENDA E UNHA HISTORIA DA PARROQUIA DE RODÍS. 

QUE ALEGRÍA RECIBIR  INFORMACIÓN  SOBRE O NOSO CONCELLO!! 👌👌




                                                                               👍