luns, 6 de febreiro de 2023

COÑECENDO CERCEDA- RODÍS

 A semana pasada fomos de paseo pola Silva. VALERIA tróuxonos unhas fotos antigas (parece ser que do 1970) do Campo de Feira das Nenas e das rúas que alí hai. 

Quixemos ir ver o cambio que tivo durante todos estes anos

1970


2023


E xa que estabamos de paseo, achegámonos a ver a capela e a praza que hai diante dela, co seu cruceiro e fonte. A capela da Silva era coñecida antigamente como capela de San Amaro e estaba moi relacionada cos peregrinos. O día da Feira das Nenas a xente dicía que ía ao "San Amaro das Nenas".
Agora noméana como capela do Espíritu Santo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario