martes, 24 de marzo de 2026

 POESÍA COMPARTIDA

e borboriñada

durante o mes de marzo

polo alumnado de 6º de primaria

para o resto dos compañeiros.

                              


MOCHILA VIAXEIRA
6º INFANTIL
JAZIEL, LÍA, VALENTINA, AINARA

                   



MOCHILA VIAXEIRA
3º PRIMARIA
DANI
               

luns, 16 de marzo de 2026

 AS FAMILIAS CONTAN MOITO

As familias seguen contando moito. En marzo recibimos a visita de Leticia, a mamá de Raquel de 4º de infantil. Todos disfrutamos cos contos fantásticos que trouxo.

                     


MOCHILA VIAXEIRA
DARÍO
3º PRIMARIA

                

luns, 9 de marzo de 2026

O DÍA DESPOIS DO 8M

Celebramos por todo o alto o Día Internacional da Muller de dous xeitos relacionadas co PDI  “luces, cámara, emoción”:

  • presentando a carteleira correspondente a unha data tan importante. A rapazada de 3º de primaria quere lembrar a importancia de tecer fíos de igualdade dende a infancia. Para iso inspiráronse para deseñar o cartel en Pippi Mediaslongas, unha nena valente, libre e independente que ensina que cada persoa pode ser quen queira ser. Porque educar na igualdade é aprender a respectarnos, coidarnos e camiñar xuntas e xuntos cara a un futuro máis xusto. A película leva por título: “Pippi a fía da forza”. Lembramos tamén as carteleiras presentada en xaneiro coincidindo co día da paz: “Peace forever” e a presentada en febreiro co gallo do día de Rosalía: ”Soños de primavera”.
  • escoitando con agarimo e interés a Raquel Queizás no seu espectáculo Cinema de Historias da man de Alice Guy a nai do cinema.