Despois da sesión de debuxos do venres, hoxe propuxémoslle aos nosos pequenos que ordenasen as imaxes da historia de "O lobo es os sete cabuxos". E hai que decir que o fixeron moi ben, incluso contándonos o que sucedía en cada imaxe.
luns, 26 de outubro de 2015
venres, 23 de outubro de 2015
xoves, 22 de outubro de 2015
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Mañá celebraremos o Día da Biblioteca Escolar.
Este ano, como xa é ben sabido, estamos coñecendo a fondo os contos dos Irmáns Grimm. Lembrade que podemos atopar distintas versións do mesmo conto, xa que estes escritores fixeron moitas recopilacións de contos tradicionais e escribíronos segundo o seu propio criterio. Por iso atopámonos co mesmo conto relatado por varios escritores.
Para conmemorar este día, decantámonos polas versións de debuxos animados, que é outra forma de coñecer os contos. Os alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º disfrutarán de " O lobo e os sete cabuxos"; os alumnos de 3º a 6º coñecerán o conto de " O sastriño valeroso". Animamos a ler despois o conto para ver similitudes e/ou diferenzas.
Seguimos un ano máis animando aos nosos alumnos a medrar coa lectura.

mércores, 7 de outubro de 2015
Xa estamos metidos no proxecto! Tal e como prometemos, aquí tedes un avance para ir comezando. Podedes coñecer a vida dos irmáns Grimm, ler algún dos seus contos e ver outras versión dos mesmos en debuxos animados, ópera, pictos e debuxos para colorear. Preme nas distintas imaxes para acceder a eles.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)