Amosando publicacións coa etiqueta Migallas Teatro Brincadeiras da Lingua Agasallos II Concurso Logos PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Migallas Teatro Brincadeiras da Lingua Agasallos II Concurso Logos PDI. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de novembro de 2025

 MIGALLAS TEATRO

O curso pasado o noso cole foi o gañador do Concurso de Carteis das Letras Galegas. 

O premio que nos deron foi económico. Empregamos unha parte dos cartiños  en contratar a Migallas Teatro. Carlos e María viñeron ao cole co seu espectáculo: Brincadeiras da Lingua. 

Pasámolo moi ben con  estes fantásticos artistas. 


Ao rematar a actuación de Migallas, fixemos entrega dos agasallos aos finalistas e gañador do II Concurso de Logos do PDI.

Foron finalistas Ezequiel de 6º de primaria e Julen de 4º de infantil (Julen non quixo saír na foto e recolleu o  agasallo Brais, o seu profe)

O gañador do concurso foi Dimas de 6º de primaria.



Aquí temos a Julen o outro finalista. Ao final animouse e deixouse fotografar co seu logo.