MIGALLAS TEATRO
O curso pasado o noso cole foi o gañador do Concurso de Carteis das Letras Galegas.
O premio que nos deron foi económico. Empregamos unha parte dos cartiños en contratar a Migallas Teatro. Carlos e María viñeron ao cole co seu espectáculo: Brincadeiras da Lingua.
Pasámolo moi ben con estes fantásticos artistas.
Ao rematar a actuación de Migallas, fixemos entrega dos agasallos aos finalistas e gañador do II Concurso de Logos do PDI.
Foron finalistas Ezequiel de 6º de primaria e Julen de 4º de infantil (Julen non quixo saír na foto e recolleu o agasallo Brais, o seu profe)
O gañador do concurso foi Dimas de 6º de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario