xoves, 6 de novembro de 2025

 II CONCURSO DE LOGOS DO PDI

Este curso o PDI vai de cine, co título: Luces, cámara, emoción. Este título é o que debían incluír os participantes no II Concurso de Logos do PDI. O xurado tíñao difícil: escoller entre 53 logos achegados poLa rapazada do cole.  Pasou algo moi curioso en primaria: en 4º  participou todo o alumnado e en 5º solo se atreveu unha nena. 

O logo gañador foi o de Dimas, de 6º de primaria, que recibirá en breve os seus agasallos. Os logos de Julen de 4º de infantil e o de Ezequiel de 6º de primaria, tamén recibirán outro. E todos os participantes levarán o seu correspondente diploma de agradecemento. 

Sodes uns verdadeiros artistas. Parabéns!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario