xoves, 18 de xuño de 2026

asSircópatas circo de terra

Na véspera do fin de curso puxemos o ramo  ás actividades da biblioteca con Dani de asSircópatas circo de terra. 

Dani fixo de todo: malabares, contorsionismo, equilibrismo, lanzamento de coitelos, escapismo... pero sobre todo contou moi ben contado o conto do gato lambón. 









Despois da fantástica actuación de Dani, fixemos entrega de varios agasallos:

- á gañadora e finalistas do concurso de marcapáxinas da Bibliosilva

-  á gañadora do deseño do logo da radio escolar

- ás rapazas e rapaces cuias familias participaron na actividade "as familias contan moito"

- aos axudantes da biblio

MOITAS GRAZAS A RAPACES E FAMILIAS POR TODO O QUE APORTARON ÁO FUNCIONAMENTO DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR!!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario