COÑECENDO CERCEDA
Neste curso pretendemos coñecer un pouco máis o concello ao que pertence o noso cole.
Para o mes de outubro, Silviña propuxo un xeróglifo ao alumnado de primaria:
1º PRIMARIA
Aínda que parece un pouco difícil, á rapazada de primeiro de primaria non lle costou nadiña resolvelo.
Ata se animaron a debuxar a festa á que se refería o xeróglifo.
Son uns artistas. Velaquí tendes a proba:
3º PRIMARIA
O alumnado de terceiro de primaria tamén descubriu que a resposta do xeróglifo era: FEIRA DAS NENAS.
E investigando, investigando... Izan e José Lamas Catro, o seu avó, atoparon unhas coplas do ano 1992, que un home lle adicou a esta festa tan importante para a parroquia de Rodís e para todo o concello de Cerceda.
Atoparon tamén O CONTO DUN BAILE, e unha foto do Campo da Feira das Nenas
💛💚💙💜💛💚💙💜
Clara preguntou na súa casa. O seu avó Guillermo e a súa mamá Sonia, contáronlle que a Feira das Nenas tamén se chama feira de Abril:
Ningún comentario:
Publicar un comentario