Para comezar, os alumnos de 6º deleitáronnos coa lectura duns fragmentos do "Quixote".
Ao remate da lectura, rematamos a "Árbore dos irmáns Grimm". Nela colgamos follas, nas que os alumnos escribiron títulos de contos dos Irmáns Grimm, e fixeron un debuxo da portada segundo o que os títulos lles suxerían. Tamén puxemos flores, nas que fixeron alusión ao conto que cada aula traballou ao longo do curso. Quedou unha árbore ben visotosa!Coma outros anos, recibimos a visita de Begoña e Carmen, que en representación do Concello, agasalláronnos co mellor regalo que se poida facer: un libro! Moitas gracias un ano máis!!
E xa para rematar, tivemos a terceira sesión das lecturas apadriñadas. Unha magnífica experiencia para os nosos alumnos!
" O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"








