MOCHILA VIAXEIRA
BLANCA
2º Primaria
OUTONO NA BIBLIO
O luns 21 celebramos unha sesión de lectura e familias con Charo Pita. Disfrutamos moito cos seus contos cantados e contados.
O xoves 24, día das bibliotecas visitounos César Freiría de Cé Orquestra Pantasma. Trouxo unha morea de xogos e xoguetes tradicionais cos que nos divertimos moito. Tamén nos ensinou a facer curuxas e cucos con bugallos e melodías con follas de hedra.
MOCHILAS VIAXEIRAS
IA (Intelixencia Artística) é o tema do proxecto documental integrado (PDI) do curso 2024/25. O día das letras galegas de maio de 2025 estará adicado ás cantareiras galegas, entre elas Adolfina e Rosa Casás, dúas veciñas do noso concello de Cerceda. Boa intelixencia artística e creadora lles fixo falta no seu tempo ás dúas mulleres para argallar e interpretar músicas e cantigas.
Saen as mochilas viaxeiras ás casas da rapazada do cole. O seu variado contido quere encher a intelixencia artística de todas e todos. Desexamos que o caderno viaxeiro que acompaña a cada mochila volva cargadiño de creatividade.
Os axudantes da biblioteca ( Noa, Nerea, Daniela, Tatiana, Noa, Marta, Dayan, Manu, Manuel, Lara e Alicia) empezan con bo pe a súa primeira tarefa do curso: o reparto das mochilas nas aulas de infantil e primaria.