Rematamos o curso 2024/2025. Foi un curso moi especial. Despedímosnos ata setembro con recomendacións lectoras para o verán.
E con dous vídeos de resumo do que deu de sí o Proxecto Documental Integrado da Intelixencia Artística.
xoves, 19 de xuño de 2025
O LOBO FELIZ
Miguel Guido, autor do libro "O Lobo Feliz", visitou a Bibliosilva.
o libro ensínanos cousas moi importantes.
No seguinte vídeo deixamos un resumo do ben que o pasamos co lobo feliz.
ATA SEMPRE!!
Despedimos aos voluntarios da biblioteca. Doce rapazas e rapaces de 6º de primaria que estiveron todo o curso colaborando no traballo. Ata foron autores e ilustradores dun libro para primeiros lectores: "O lobo Xamón". Xa son famosos no Celso Emilio, pero quen sabe ata onde chegarán...
Mil gracias Nerea, Camila, Aitana, Alicia, Marta, Lara, Daniela, Noa Costa, Noa González, Dayan, Manu Regueiro e Manu Bermúdez.
AS FAMILIAS CONTAN MOITO
Como estamos moi agradecidos ás familias que participaron na actividade "As familias contan moito", agasallámolos con unhas bolsas de recordo.
PASAPORTE LECTOR
Alumnas e alumnos do 2º ciclo de primaria participaron nun pasaporte lector. Cada mes tocou ler un libro dunha determinada temática. Deste xeito leron libros de banda deseñada, poesía, humor, misterio, escrito por mulleres e clásicos. Cando remataron de encher o pasaporte celebramos unha pequena merenda.
Intercambio de relatos co CPI O Cruce
Para celebrar o mes do libro, as letras galegas e homenaxear a poesía popular oral, intercambiamos relatos co outro cole do noso concello. Os relatos empezaban: "As rapaciñas da Vila..."