En breve poremos en marcha as "Mochilas Viaxieras" deste ano, que integramos dentro do Proxecto Lector.
O seu principal obxectivo é fomentar o hábito lector e o pracer pola lectura, compartindo momentos gratos entre os membros da familia.
É importante que a familia pase un rato arredor dela e que se coide o seu contido.
A lectura está destinada a afinar a sensibilidade e a estimular a imaxinación, a mellorar a expresión, o vocabulario... Pero todo isto só se consigue se as prácticas de ver, ler, mirar e escoitar se realizan moitas veces, con moita constancia.
Así, queremos invitarvos a que vos reunades cos nenos e nenas e arredor da mochila, a abrades e compartades os seus contidos.
Agradecemos que devolvades a mochila no prazo establecido para que a poidamos facer chegar a outra familia.
Antes de devolvela agradeceremos que escribades, xunto cos nenos, unhas liñas no caderno que vai na mochila, por exemplo: qué vos pareceu o contido da mochila, qué vos gustou máis, se vos gusta a idea de mochila, un debuxo feito polo neno sobre algún conto que vai nela, ou incluso algunha cantiga, conto, refrán, lenda, adiviña para que a resolva a seguinte familia...
Moita gracias pola vosa colaboración.
QUE DISFRUTEDES EN FAMILIA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario