Xa estamos de volta!
Empezamos o novo curso con moitas ganas, e esperamos que disfrutedes un ano máis coas marabillosas e emocionantes aventuras que atoparedes na nosa Biblioteca.
Xa temos o tema do Proxecto deste ano: As Belas Artes.
Ao longo deste primeiro trimestre iremos facendo en cada aula unha introdución ao proxecto e decoraremos as portas.
A distribución é a seguinte:
- Educación Infantil: A Pintura
- 1º Primaria: A Escultura
- 2º Primaria: A Danza
- 3º Primaria: A Arquitectura
- 4º Primaria: A Literatura
- 5º Primaria: A Música
- 6º Primaria: O Cine
Premendo no seguinte ENLACE tedes un documento, que podedes descargar, para elaborar un mini-libro explicativo sobre as Belas Artes.
Estade atentos ao Blog para ver tódalas actividades deste curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario