Esta semana tivemos dobre visita: Cristina e Sofía, a mamá e a irmá pequena de Valeria.
Cristina contounos "Burbullas", o conto preferido de Valeria. E sabedes por que é o que máis lle gusta? Pois porque llo regalaron os seus tíos de Suíza e ademais a protagonista do conto chámase tamén Valeria, e coma ela, ten unha tartaruga.
Cristina e Sofía tamén trouxeron á súa tartaruga, que ten 12 anos! Poidemos verlle a cabeciña e as patas, e tocarlle un pouco a cuncha, pero con moito coidado, porque morde!
Moitas grazas por outra xornada fantástica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario