Que pouco valor lle damos ás palabras e que importantes son! E aínda o son máis os actos que as acompañan, por pequenos que parezan. Actos que moitas veces non costan nada pero que valen moito.
Por iso este ano, para conmemorar o Día da Paz, os nosos alumnos quixeron deixar constancia desas palabras que fan referencia á Paz e tamén a persoas que loitaron para conseguila. Elaboraron para iso un Pazcionario.
Como centro plurilingüe que somos, atoparedes términos en distintos idiomas, xa que a Paz non entende de linguas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario