mércores, 3 de abril de 2019

QUE PASARÍA SE . . . ?

Coñecedes a técnica de Gianni Rodari denominada "Que pasaría se...?", un personaxe determinado se colara no noso conto.

Pois a proposta de Silviña desta vez é elaborar un Libro Viaxeiro  a partir desta pregunta.

Para iso fixo pasar polas aulas unha bolsa máxica con distintas personaxes. Cada aula elexiu un ao azar, e a partir desa personaxe elaborarán un pequeno relato co seu conto do Proxecto de Biblioteca.

Nesta imaxe tedes un exemplo.

Os alumnos de 1º curso sacaron unha personaxe e tocoulles... O home-lobo. Agora terán que facer un pequeno relato imaxinando qué pasaría se un home-lobo se cola no conto do Libro da Selva.
Estamos desexando ver o que acontece con cada conto!




Ningún comentario:

Publicar un comentario