Ao igual que todos vos, eu tamén quedo na biblioteca, que é a miña casiña, esperando que nos
volvamos ver o mais pronto posible.
No cole iamos facer unhas actividades para conmemorar o
día da poesía e o día da auga. E como por agora aínda tendes que estar na casa
e eu estou aquí soíña na BILIOSILVA, propóñovos as seguintes para que as
fagades na vosa casiña:
-
Para
PRIMARIA(opcional para Primeiro curso, que poden elexir esta actividade ou a
de Infantil): Suxírovos que busquedes na Internet ou nalgún libro que
teñades por casa, e incluso preguntándolle aos vosos maiores, algún poema da
temática que queirades: a auga, a primavera, a amizade... o que máis vos guste!
Non ten que ser moi longo, incluso pode ter unha sola estrofa. Lédeo varias
veces coa entoación axeitada dun poema. Cando vos saia ben, gravádelo co
ordenador ou co teléfono móbil dos vosos maiores, e enviádelo ao correo do cole
poñendo o voso curso e o voso nome: ceip.celso.emilio.ferreiro@edu.xunta.es
Con todos os poemas recibidos
faremos unha recompilación e poñerémolos no blog para que todos
os poidades escoitar.
-
Para os alumnos de INFANTIL (e/ou PRIMEIRO): Pedídelle
aos vosos maiores que vos lean un versiño ou incluso que vos digan algún refrán
e despois facedes un debuxo ben bonito sobre o mesmo, sacádeslle unha foto e
enviádela ao correo do cole, tamén co voso nome e o voso curso.
-
Tedes como data tope para enviar as vosas aportacións ATA O VENRES 27 DE MARZO.
Por suposto, esta é unha actividade VOLUNTARIA, pero que nos servirá para seguir aprendendo mentres
disfrutamos da lectura e para estar en contacto.
Aproveitade para ver a Páxina Web do cole e o Blog da
Biblioteca. Poderedes recordar todas as actividades que fixestes este curso e
os pasados.
Na marxe esquerda do Blog tedes enlaces para non deixar de ler e aprender. Nos enlaces PORTAL DAS PALABRAS E DÍGOCHO EU, podedes aprender moitas cousas da nosa fermosa Lingua Galega. Na BIBILOTECA DIXITAL e en CONTOS CORTOS tedes fantásticas historias axeitadas a cada idade. E para os máis maiores, no KIOSKO atoparedes xornais de todo tipo e de tódolos países.
Na marxe esquerda do Blog tedes enlaces para non deixar de ler e aprender. Nos enlaces PORTAL DAS PALABRAS E DÍGOCHO EU, podedes aprender moitas cousas da nosa fermosa Lingua Galega. Na BIBILOTECA DIXITAL e en CONTOS CORTOS tedes fantásticas historias axeitadas a cada idade. E para os máis maiores, no KIOSKO atoparedes xornais de todo tipo e de tódolos países.
E permanecede atentos ao Blog, porque en breve teremos
máis actividades para nos divertir. MOITAS
GRAZAS POLO VOSO ESFORZO!
P.D: Por
favor, nestes días tan diferentes para
todos e cada un de vos , axudade moito ás vosas familias e non vos esquezades
de que cada día que pasa é un día menos para que nos vexamos de novo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario