martes, 7 de decembro de 2021

BIBLIOTECA HUMANA 

CONMEMORACIÓN CONSTITUCIÓN/ESTATUTO DE AUTONOMÍA


O venres 3 de decembro estivemos de festa na Bibliosilva. Copiamos a idea das bibliotecas humanas nacidas no 2000 en Dinamarca, invitando a Juan Manuel Rodríguez García, o alcalde de Cerceda.

De xeito desinteresado visitounos para parlamentar coa rapazada de 5º/6º de primaria sobre asuntos importantes do seu traballo, e como non, para explicarnos a importancia da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía.



 O equipo da televisión de Cerceda fixo unha reportaxe do acto. Se queredes velo, empeza sobre o minuto 10

Juan Manuel deixounos unha fantástica dedicatoria no libro de visitas da nosa biblioteca

                                     


GRACIÑAS POR TODO, SEÑOR ALCALDE!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario