As ideas para o noso PDI non paran...
A rapazada de 1º de primaria e a da aula mixta de 4º/5º de infantil puxeron os seus miolos en acción e presentan o proxecto ENCARARTE, moi acaído para esta época do entroido.
ACOMPAÑAMENTOS LECTORES NA HONRA DE ROSALÍA DE CASTRO
Para celebrar o día de Rosalía por todo o alto, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria acompañaron ao alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria na lectura de poemas da escritora. Posteriormente os acompañados ilustraron os poemas.
SEMANA DO 14 DE FEBREIRO
O venres 14 de febreiro foi un día de corazón:
A rapazada de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria disfrutou dunha sesión de contacontos co rato Fuco, da compañía Trinke Trinke.