QUERERSE BEN
SEMANA DO 14 DE FEBREIRO
O venres 14 de febreiro foi un día de corazón:
A rapazada de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria disfrutou dunha sesión de contacontos co rato Fuco, da compañía Trinke Trinke.
O lobo Xamón
Os doce axudantes da biblioteca presentaron na aula mixta de 4º/5º de infantil, o conto " O lobo Xamón", deseñado, escrito e ilustrado por eles. Intelixencia Artística ao poder!!
Cartas de amor e de amizade
As respectivas titorías elaboraron cartas de amor e amizade para intercambiar co CPI O Cruce, o noso cole veciño.
Deixámovos por aquí algúns exemplos:
- o proceso de creación das cartas do alumnado de 1º de primaria
- a carta das alumnas e alumnos da aula mixta de 5º/6º de infantil
- a carta de amor e amizade a xeito de poema, que pensaron en 6º de primaria
- as cartas da rapazada da aula mixta de cuarto e quinto de infantil que escribiron para a profe Eugenia e o profe Álex das aulas de quinto e cuarto de infantil do CPI
- as cartas para nos do alumnado de infantil e primaria do CPI O Cruce
Ningún comentario:
Publicar un comentario