VI CONCURSO DE MARCA PÁXINAS DA BIBLIOSILVA
Este curso convocamos o concurso de marca páxinas coincidindo co mes do libro. Foi todo un éxito de participación. Graciñas á rapazada e ás súas familias por animarse a crear arte.
EncarARTE
Sombras e natureza
Seguimos á voltas co PDI deste curso.
A rapazada de 4º e 5º de infantil e a de 1º de primaria déronlle vida ás súas sombras convértendoas en caras feitas con elementos da natureza.
De seguro que EncarARTE ben pode converterse nunha futura corrente artística, porque no presente xa o é.
LETRAS GALEGAS
A primeiros de xaneiro puxemos en marcha dende a biblioteca en colaboración co EDLG un caderno viaxeiro titulado As Nosas Cantigas.
Neste proxecto ao que invitou a principios de curso unha mestra de música dun colexio de As Pontes, participamos 21 centros educativos das catro provincias galegas e por fin o podemos compartir con toda a comunidade educativa.
Abaixo podedes acceder ao documento e gozar coas diferentes aportacións de máis de dous mil nenos e nenas que coma vós, xunto coas súas familias, veciños e amigos fixeron este traballo de memoria para recordar aquelas cantigas, ditos, refráns, xogos de botar a sortes... que lles cantaban e contaban as súas nais, avoas, bisavoas, co obxectivo de manter viva a nosa tradición oral.
RELACIÓN DOS CENTROS PARTICIPANTES:
1.- CEIPP A FRAGA (As Pontes)
2.-CEIPP A MAGDALENA (As Pontes)
3.- CEIPP SANTA MARÍA (As Pontes)
4.- IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ (As Pontes)
5.- CEIP JOSÉ MARÍA LAGE (Ortigueira)
6.- CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE (Cariño)
7.- CEIP SAN ISIDRO (Neda)
8.- CEIP DE PIÑEIROS (Narón)
9.- CEIPP DE SIGÜEIRO (Oroso)
10.- CEIP BERGANTIÑOS (Carballo)
11.- CEIP DE TEIXEIRO (Curtis)
12.- CEIPP CELSO EMILIO FERREIRO (Cerceda)
13.- CEIPP SANTA RITA DE GALDO (Viveiro)
14.- CEIPP DE COVAS (Viveiro)
15.- CEIPP GREGORIO SANZ (Ribadeo)
16.- CEIPP DE SESTELO-BAIÓN (Vilanova de Arousa)
17.- CEE VILAGARCÍA (Vilagarcía)
18.- CEIP AMOR RUIBAL (Barro)
19.- CEIP VILAVERDE-MOURENTE (Pontevedra)
20.- CEIPP SAN ROQUE DE DARBO (Cangas)
21.- CEIPP RAMÓN OTERO PEDRAYO (Amoeiro)