martes, 13 de maio de 2025

 LETRAS GALEGAS 

A primeiros de xaneiro puxemos en marcha dende a biblioteca en colaboración co EDLG un caderno viaxeiro titulado As Nosas Cantigas. 

Neste proxecto ao que invitou a principios de curso  unha mestra de música dun colexio de As Pontes, participamos 21 centros educativos  das catro provincias galegas e por fin o podemos compartir con toda a comunidade educativa.

Abaixo podedes acceder ao documento e gozar coas diferentes aportacións de máis de dous mil nenos e nenas que coma vós, xunto coas súas familias, veciños e amigos fixeron este traballo de memoria para recordar aquelas cantigas, ditos, refráns, xogos de botar a sortes... que lles cantaban e contaban as súas nais, avoas, bisavoas, co obxectivo de manter viva a nosa tradición oral. 

RELACIÓN DOS CENTROS PARTICIPANTES:

1.- CEIPP A FRAGA (As Pontes)

2.-CEIPP A MAGDALENA (As Pontes)

3.- CEIPP SANTA MARÍA (As Pontes)

4.- IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ (As Pontes)

5.- CEIP JOSÉ MARÍA LAGE (Ortigueira)

6.- CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE (Cariño)

7.- CEIP SAN ISIDRO (Neda)

8.- CEIP DE PIÑEIROS (Narón)

9.- CEIPP DE SIGÜEIRO (Oroso)

10.- CEIP BERGANTIÑOS (Carballo)

11.- CEIP DE TEIXEIRO (Curtis)

12.- CEIPP CELSO EMILIO FERREIRO (Cerceda)

13.- CEIPP SANTA RITA DE GALDO (Viveiro)

14.- CEIPP DE COVAS (Viveiro)

15.- CEIPP GREGORIO SANZ (Ribadeo)

16.- CEIPP DE SESTELO-BAIÓN (Vilanova de Arousa)

17.- CEE VILAGARCÍA (Vilagarcía)

18.- CEIP AMOR RUIBAL (Barro)

19.- CEIP VILAVERDE-MOURENTE (Pontevedra)

20.- CEIPP SAN ROQUE DE DARBO (Cangas)

21.- CEIPP RAMÓN OTERO PEDRAYO (Amoeiro)


Hecho con Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario